O dereito informático foi analizado dende diversas perspectivas. Por unha parte o Dereito Informático defínese como un conxunto de principios e normas que regulan os efectos xurídicos nacidos da interrelación entre o Dereito e a informática. Por outro lado hai definicións que establecen que é unha rama do dereito especializada no tema da informática, os seus usos, e as súas aplicacións e as súas implicacións legais.
Entre os temas dos que se ocupa o dereito informático poderiamos indicar os seguintes:
Sinatura electrónica. Protección de datos persoais. Propiedade intelectual. Diñeiro electrónico. Notificación por Internet. Protección xurídica do software. Nomes de dominio. Delitos informáticos. Comercio electrónico. Teletraballo. Propiedade industrial. Censura en Internet. Telecomunicacións. Contratos electrónicos. Documento electrónico e a lei de procedemento administrativo.
Categoría:Dereito informático