Acanthinula aculeata O. F. Müller, 1774, é unha especie de micromolusco gasterópodo terrestre e pulmonado da familia Valloniidae que acada ata 2 mm e que amosa unha cuncha globosa con costelas axiais e prolongacións espiñentas flexibles. Son animais raros que adoitan vivir en zonas húmidas como fragas e é frecuente atopalos debaixo das follas caídas das árbores. A súa cor é marrón acinzentado e a cuncha ten catro voltas ben arredondadas e o embigo é estreito e profundo.

Distribución A especie está estendida por toda a Europa central e Rusia. E pola costa que se estende dende Escandinavia ata o sur da África do Norte.

Distribución en Galicia En Galicia atopáronse exemplares sobre todo en zonas costeiras da provincia de Pontevedra, na zona de Santiago de Compostela e na Ría de Muros e Noia e tamén na Serra da Enciña da Lastra en Ourense.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Mollbase Molluscs of Central Europe AnimalBase Fauna Europaea

Categoría:Gasterópodos Categoría:Moluscos de Galicia Categoría:Animais descritos en 1774