O Bàsquet Manresa, S.A.D. é un club de baloncesto catalán con sede na cidade de Manresa. Actualmente, é tamén coñecido coma BAXI Manresa por motivos de patrocinio. Fundado en 1931, actualmente compite na Liga ACB, a máxima categoría do baloncesto español. O equipo disputa os seus partidos como local no Pavelló Nou Congost, recinto con capacidade para acoller 5 000 espectadores, inaugurado o 10 de setembro de 1992 con motivo da celebración da XIII Edición da Lliga Catalana de Bàsquet.

Entre os éxitos do club destacan o título da ACB da temporada 1997−98 e unha Copa do Rei conseguido en 1996. O xogador máis destacado da historia do Manresa é Joan "Chichi" Creus, o cal foi nomeado xogador máis valioso nos dous grandes títulos. Outros xogadores destacados que formaron parte do club son Juan Domingo de la Cruz, Roger Esteller, Derrick Alston, Harper Williams, Serge Ibaka, Andrés Nocioni, Rolando Frazer e, sobre todo, o membro do Basketball Hall of Fame George Gervin, quen xogou no equipo á idade de 38 anos axudandoo, con 23,1 puntos par partido, a acadar a salvación.

Historia O Bàsquet Manresa foi fundado no ano 1931 co nome de Manresa Bàsquetbol Club. Tres anos despois, en 1934, o club fusionouse co Club Bàsquet Bages, nacendo así a Unió Manresana de Bàsquet. O primeiro título do club chegou en 1940, cando gañaron a Copa Barcelona. Ademais, ese ano pasaron a formar parte, como sección de baloncesto, do Centre d'Esports Manresa. En 1967−68 o club logra un gran logro deportivo co ascenso á Primeira División. Para a seguinte temporada, xa na máxima categoría, o equipo inaugura o pavillón Congost. Na temporada 1971−72, o equipo clasifícase para xogar por vez primeira en competicións europeas, concretamente na Copa Korać.

En 1979 o club independízase do CE Manresa e muda o seu nome a Manresa Esportiu Bàsquet, converténdose nun equipo habitual da Liga ACB. Co patrocinio da firma TDK entre 1985 e 2000, o club consegue os seus maiores logros. En 1992, o club constituese como Sociedade Anónima Deportiva e adopta a súa denominación actual, Bàsquet Manresa S.A.D. Esa mudanza de nome permite a fusión definitiva do Manresa EB e o seu antigo rival, o CB Manresa. O primeiro grande éxito do club chega pouco tempo despois, conseguindo en 1996 a Copa do Rei de Baloncesto após venceren na final ao FC Barcelona por 94−92 no Palacio de Deportes de Murcia.

A primeira liga Na tempadaa 1997-98, dúas temporadas despois de gañar a Copa, chegaría o grande éxito do club, a conquista da Liga ACB. Despois de finalizar sextos en liga, nos playoffs o equipo dirixido por Luis Casimiro conseguiu superar ao Estudiantes (3−1), que quedara terceiro na liga, ao Real Madrid Teka (3−1) de Bodiroga e Herreros, que quedara segundo, e ao TAU Cerámica (3−1), que quedara primeiro, e xogando todas as eliminatorias co factor cancha en contra. Joan "Chichi" Creus foi nomeado mellor xogador en ambos títulos conseguidos. Deste xeito o equipo de Manresa converteuse no cuarto equipo en gañar a Liga ACB.

O equipo campión estaba integrado por: Joan Creus, Chus Lázaro, Román Montáñez, Pere Capdevila, Paco Vázquez, Derrick Alston, Jordi Singla, Lisard González, Herb Jones, Bryant Sallier e Enrique Moraga.

Co título de liga colleitado, o equipo consegue a súa primeira e única participación na Euroliga. Na máxima competición continental tiveron que competir no Grupo B contra Cibona, Crvena zvezda, Efes Pilsen, Maccabi Tel Aviv e Panathinaikos. Porén o equipo non consegue continuar na competición ao gañar tan só tres encontros dos dez disputados.

Descenso Dous anos despois de conquistar a Liga ACB, na temporada 1999−2000 o equipo perde a categoría nun partido en Xixón. Despois de pasar tres temporadas na Liga LEB, o equipo regresa á Liga ACB, onde permanece até a tempada 2005–06. Con todo, o equipo regresa en tan só un ano e permanece de novo na elite até a temporada 2016–17. Na seguinte temporada o equipo volve regresar á ACB tras finalizar segundo na LEB Ouro despois do Club Baloncesto Breogán.

Patrocinios Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:

Manresa Kan's (1967–1971) Manresa La Casera (1971–1977) Icab Manresa (1977–1979) Marlboro Manresa (1979–1980) Caixa Manresa (1981–1982, 1984–1985) Seguros Velázquez Manresa (1982–1983) Ebro Manresa (1983–1984) TDK Manresa (1985–2000) Minorisa.net Manresa (2000–2002) Ricoh Manresa (2002–2009) Suzuki Manresa (2009–2010) Assignia Manresa (2010–2012) La Bruixa d'Or Manresa (2013–2015) ICL Manresa (2015–2018) BAXI Manresa (2018–presente)

Xogadores Cadro actual

Dorsais retirados Dorsais retirados polo Bàsquet Manresa N°XogadorPosiciónEtapa 7 Joan Creus Base 1993–2001 9 Joan Peñarrolla Ala 1987–2003 10 Pep Pujolrás Ala 1986–1992 15 Jordi Singla Ala-pivote 1989–2004

Destacados

Joan Creus Juan Domingo de la Cruz Germán González Roger Grimau Serge Ibaka Rafa Martínez Albert Oliver Pep Pujolrás Jordi Singla Juan Alberto Espil Andrés Nocioni Juan Pablo Vaulet Derrick Alston Toby Bailey George Gervin Granger Hall Nate Higgs Jeff Lamp Clyde Mayes Kenny Simpson  Charles Thomas Linton Townes Justin Doellman Marius Grigonis Ádám Hanga Rolando Frazer Kieron Achara

Adestradores A seguinte é unha lista dos adestradores do Bàsquet Manresa desde 1967.

Francesc Casé (1967–1968) Josep Masseguer (1968–1969) Jeroni Alberola (1969–1970) Antoni Serra (1970–1977) Alfonso Martínez (1977–1978) Joan Martínez (1978) Josep M. Soler (1978) Jaume Berenguer (1978–1979) Joan Basora (1979–1981) Pere Guiu (1981) Miguel López Abril (1981) Jaume Ventura (1981–1984) Germán González (1984) Francesc Canellas (1984–1985) Miquel Bataller (1985) Juanito Jiménez (1985–1986) Joan María Gavaldá (1986–1988) Flor Meléndez (1988–1990) Ricard Casas (1990) Pedro Martínez (1990–1994) Salva Maldonado (1994–1997) Luis Casimiro (1997–1999) Manel Comas (1999–2000) Salva Maldonado (2000–2001) Ricard Casas (2001–2005) Xavier García (2005) Óscar Quintana (2005–2007) Jaume Ponsarnau (2007–2013) Borja Comenge (2013–2014) Pere Romero (2014) Pedro Martínez (2014–2015) Ibon Navarro (2015–2017) Aleix Duran (2017–2018) Diego Ocampo (2018) Joan Peñarroya (2018–2019) Pedro Martínez (2019–presente)

Palmarés thumb|O Pavelló Nou Congost durante un xogo do Bàsquet Manresa. Liga ACB Campións (1): 1997−98 Copa do Rei Campións (1): 1996 Subcampións (1): 1980 LEB Oro Campións (1): 2007 Subcampións (2): 2002, 2018 Liga Catalá Campións (2): 1997, 1999 Subcampións (4): 1996, 1998, 2000, 2016

Historial thumb|George Gervin co Manresa na temporada 1989−90. AnoNivelLigaCopa do ReiOutras copasCompeticións europeas1967–68 2 2ª División2º 24–5 1968–69 1 1ª División11º 7–16 1969–70 2 2ª División1º 19–3 1970–71 1 1ª División 4º 11–1–10Semifinais1971–72 1 1ª División 8º 9–13Cuartos de final3 Copa Korać 0–21972–73 1 1ª División 7º 14–1–15Oitavos de final1973–74 1 1ª División 6º 13–2–13Cuartos de final1974–75 1 1ª División 5º 9–3–10Semifinais1975–76 1 1ª División 6º 13–19 1976–77 1 1ª División 9º 8–1–13Primeira rolda1977–78 1 1ª División 5º 9–1–12Cuartos de final1978–79 1 1ª División 7º 10–12Oitavos de final1979–80 1 1ª División 6º 10–12Subcampión1980–81 1 1ª División 8º 10–1–15Semifinais1981–82 1 1ª División 7º 13–13Oitavos de final1982–83 1 1ª División 9º 10–16Oitavos de final1983–84 1 ACB16º 5–23 1984–85 2 1ª División B3º 17–9 1985–86 1 ACB 10º 14–16 Copa Príncipe 1986–87 1 ACB 10º 14–17 Copa Príncipe 2º1987–88 1 ACB 15º 17–16 Copa Príncipe 3 Copa Korać 1–11988–89 1 ACB 20th 18–22Oitavos de final1989–90 1 ACB 22º 17–16Oitavos de final1990–91 1 ACB 18º 18–20Cuartos de final1991–92 1 ACB 13º 17–23Primeira rolda1992–93 1 ACB 13º 16–18Cuartos de final1993–94 1 ACB 7º 22–12Segunda rolda1994–95 1 ACB 4º 23–21Segunda rolda3 Copa Korać 6–41995–96 1 ACB 4º 28–18Campións3 Copa Korać 5–51996–97 1 ACB 8º 19–18Cuartos de final2 EuroCup 7–71997–98 1 ACB1º 30–16Semifinais3 Copa Korać 5–31998–99 1 ACB 11º 16–18 1 Euroliga 5–111999–00 1 ACB17º 11–23 2000–01 2 LEB 3º 26–12 Copa Príncipe 2º2001–02 2 LEB2º 32–1–8 Copa Príncipe 2002–03 1 ACB 13º 15–19 2003–04 1 ACB 9º 16–18Cuartos de final2004–05 1 ACB 13º 12–22 2005–06 1 ACB17º 12–22 2006–07 2 LEB1º 26–15 2007–08 1 ACB 11º 14–20 2008–09 1 ACB 11º 14–18 2009–10 1 ACB 12º 14–20 2010–11 1 ACB 15º 10–24 2011–12 1 ACB 12º 15–19 2012–13 1 ACB 18º 6–28 2013–14 1 ACB 17º 7–27 2014–15 1ACB 16º 11–23 2015–16 1ACB 16º 10–24 2016–17 1ACB17º 5–27 2017–18 2 LEB Ouro2º 33–14 Copa Princesa 2º2018–19 1ACB 8º 17–19 2019–20 1ACB 13º 9–14 3 Champions League 7–72020–21 1ACB 10º 17–19 2021–22 1ACB 7º 20–16 Cuartos de final 3 Champions League 2º 12–4

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web oficial do Bàsquet Manresa Perfil do Bàsquet Manresa en acb.com

Manresa Manresa Categoría:Manresa