Carlos Xesús Varela Aenlle, nado en Castroverde en 1965, é un xeógrafo e etnólogo galego. Actualmente é presidente da asociación Abertal do Eo-Navia, e desde 2004 é o académico correspondente Académicos correspondentes da RAG da Real Academia Galega nesa rexión.
Traxectoria Aínda que natural de Castroverde, a súa familia materna procede de terras eonaviegas. Este feito marcou notabelmente a súa traxectoria, profundamente vinculada coa rexión. Pasou a súa adolescencia en Castropol, localidade na que o seu pai foi mestre durante dez anosNoticia no xornal asturiano La Nueva España, publicada o 20/12/2004.. Foi tamén colaborador habitual das revistas A Freita e Britonia, publicacións impulsadas pola Mesa prá Defensa del Galego de Asturias (MDGA), e en 2000 publicou Toponimia del Eo-Navia, unha recompilación dos topónimos eonaviegos coa súa correspondencia tanto en castelán (oficial) como na forma vernácula galega. En 2014 presentou a súa tese sobre o léxico do galego de AsturiasContribución ao dicionario galego: o léxico do galego de Asturias (LeGA), para descarga en PDF, no repositorio Investigo da Universidade de Vigo, dirixida por Xosé-Henrique Costas.
Obra Toponimia del Eo-Navia (2000). ISBN 84-607-0591-9. O hórreo de tipo asturiano na montaña oriental de Galiza (2001). ISBN 84-607-3183-9. Riotorto. Guía do concello (2003). ISBN 84-8192-216-1. A herdanza da lingua. O galego de Asturias, León, Zamora e Cáceres (2004). ISBN 978-84-87987-55-7. Repertorio toponímico e xentilícico da terra Eo-Navia (2010). Dicionario do Galego de Asturias (2021). ISBN 978-84-8158-897-2.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da Asociación Abertal del Eo-Navia
Categoría:Escritores de Asturias en lingua galega Categoría:Nados en Castroverde Categoría:Nados en 1965 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Etnólogos Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes