O entroido de Ribadeo é unha festa popular galega que ten lugar en Ribadeo e que consta dalgunhas pecualiaridades con respecto a outras celebracións de entroido. O Día grande é o martes de coresma, que precede ao mércores de cinza. Malia que as actividades desenvólvense durante toda a xornada, a meirande parte teñen lugar na tardiña.
Información xeral miniatura|dereita|Cabeza do boneco queimado no entroido ribadense (1988). Comparativa de tamaño da cabeza do boneco. Texto de Rebeca Gómez YáñezPregóns do entroido en Ribadeo tratando o tema do entroido ribadense:
[...]
O martes á noite, a mocidade adoita disfrazarse co gallo dunha nova algueirada. De xeito oficial, as festas non rematan ata a queima do entroido, que se celebra o sábado posterior, momento en que se prescinde das cores, deixando en troques un tropel de viúvas chorando. En Ribadeo, o peche do entroido vén marcado por un enorme boneco, que difire cada ano e que se denomina señor Antroido, ao cal se lle prende lume namentres as charangas e comparsas gañadoras tocan xa as súas composicións.
Gastronomía miniatura|dereita|Certificado da marca acadada coa queima do maior boneco no entroido ribadense. O martes de entroido é habitual a preparación de pratos a base de: grelos con cachelos, cachola, butelo, lacón, chourizos e outros. Para a sobremesa, son comúns as rosquillas, freixolos e as orellas.
Marcas e peculiaridades Un fito recente é a inclusión do antroido ribadense no Libro Guinness dos Récords, como o maior boneco dunha celebración deste tipo. Xunto co antroido, tamén se pasean os cocos (o coco e a coca), imaxes típicas de Ribadeo, e os cabezudos, alusivos a personaxes de contos. Cada día é alcumado dun xeito diferente, unha constante común dos entroidos en Galiza. O entroido ribadense comeza cun pregón, algo que non se dá noutras celebracións do país. Celebración paralela dunha festa gastronómica. O emprego de carrozas, que implican algún tipo de axuda para desprazamento, xeralmente a base de motores. Os grupos e comparsas son asociacións de varias persoas (máis de dúas, que corresponde á parellas). As charangas son organizadas para todo o entroido, non actuando só no desfile. De recente implantación é o concurso de fotografía.
Publicacións Non constan publicacións especializadas adicadas ó entroido ribadense. Non obstante, existen algunhas fontes auxiliares:
Guía de Fiestas Populares de Galicia (González Reboredo, X. M., Ed. Galaxia, Vigo 1997) A prensa das datas sinaladas, por exemplo, La Comarca del Eo, que adoita informar da programación prevista, o pregón, e algunhas recensións ao respecto.
Existe así mesmo un libro descatalogado que atinxe ao entroido en Ribadeo antes do ano 1994, e mais outro, As festas populares no entorno Ribadense (2001), dedicado ás festas no contorno de Ribadeo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Entroido Festa Disfrace
Ligazóns externas As festas populares no contorno ribadense, libro publicado con lic. CC de onde foi obtido o texto de Rebeca que aparece arriba. 25 aniversario do Entroido Ribadense , co motivo da efemérede do 25 cabodano do entroido na nova época.
Categoría:Ribadeo Categoría:Entroido de Galicia