William Alexander Abbott, coñecido como Bud Abbott nado en Asbury Park (Nova Jersey) o 2 de outubro de 1897 e finado en Woodland Hills (California) o 24 de abril de 1974, foi un actor estadounidense, compoñente con Lou Costello do dúo cómico Abbott e Costello.

Traxectoria Fillo dunha artista circense, comeza a traballa en teatros, e co seu irmán Harry tenta organizar unha cadea de teatros, que resultou un fracaso e comeza a interpretar a personaxes serios en dúos cómicos. En 1931 coñece a Costello e comezan a actuar xuntos, acadando un grande éxito nas súas actuacións na radio en 1938. En 1940 protagonizaron o seu primeiro filme, One Night in the Tropics. Durante a segunda guerra mundial, Abbott foi alcalde de Sherman Oaks (California). En 1957 a parella artística separouse, Abbott formou unha nova parella con Candy Candido, pero non tivo éxito

Filmografía miniatura|dereita|Estrela de Abbott no Paseo da Fama de Hollywood One Night in the Tropics (Edward Sutherland, 1940) Hold that ghost (Arthur Lubin, 1941) Buck Privates (Arthur Lubin, 1941) In The Navy (Arthur Lubin, 1941) Keep'em flying (Arthur Lubin, 1941) Pardon My Sarong (Eric C. Kenton, 1942) Hit The Ice (Charles Lamont, 1943) Naughty nineties, The (Jean Yarbrough, 1945) Abbott & Costello in Hollywood (S. Sylvan Simon, 1945) Abbott & Costello meet Frankenstein (Charles Barton, 1948) Abbott & Costello meet the killer Boris Karloff (Charles Barton, 1949) Abbott & Costello meet the Invisible Man (Charles Lamont, 1951) Abbott & Costello go to Mars (Charles Lamont, 1953) Abbott & Costello meet Dr. Jekyll and Mr. Hyde (Charles Lamont, 1953) Abbott & Costello meet the Keystone Kops (Charles Lamont, 1955) Abbott & Costello meet the Mummy (Charles Lamont, 1955)

Véxase tamén

Categoría:Actores de Nova Jersey Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Nados no condado de Monmouth, Nova Jersey Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1974