David Villa Sánchez, nado en Tiuya (Langreu, Asturias) o 3 de decembro de 1981, é un futbolista español. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo e o Melbourne City, cedido polo New York City. Caracterízase pola súa rapidez e mobilidade. O seu alcume é «El Guaje», chamado así polos seus amigos porque sempre xogaba cos maiores.

En 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española.

Traxectoria O 19 de maio de 2010 anunciouse o seu traspaso ao Fútbol Club Barcelona por un total de 40 millóns de euros.

Selección nacional de España O seu debut produciuse o 9 de febreiro de 2005, en Almería. Disputábase un partido de clasificación para o Mundial de Alemaña 2006, cuxo resultado foi España 5-0 San Marino.

No primeiro partido de España no Mundial contra Ucraína, Villa marcou dous goles. O primeiro nun libre directo que tocou na barreira descolocando ao porteiro, e o segundo de penalti (que foi o primeiro en sinalarse en devandito torneo). En oitavos de final marcou, de novo de penalti, esta vez ante Francia, equipo que apeou da competición aos españois por 3-1.

Xogando con España, converteuse en máximo goleador da Eurocopa 2008 cun total de 4 goles. O día 10 de xuño de 2008, no partido de debut da selección española contra a selección rusa, Villa fixo un hat-trick. O resultado final foi 4-1 a favor de España.

No segundo partido de España, xogado o 14 de xuño contra Suecia, Villa marcou o gol da vitoria por 2-1 no último minuto do partido e mete a España en cuartos de final como 1ª de grupo. En cuartos de final contra Italia marcou o primeiro penalti da serie de penaltis, na vitoria de España 4-2, tras terminar o partido 0-0 en tempo regular. Na semifinal contra Rusia saíu lesionado. Unha microrrotura fibrilar impediulle xogar a final onde España conseguiu o seu segundo campionato Europeo da UEFA, ao derrotar a Alemaña 1-0.

O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica, no que marcou 5 dos 8 goles de España.

En xullo de 2013 fichou polo Atlético de Madrid.

Participacións en Copas do Mundo MundialSedeResultadoPXGolesCopa Mundial de 2006AlemañaOitavos de final43Copa Mundial de 2010SuráfricaCampión75

Participacións en Eurocopas MundialSedeResultadoPXGolesEurocopa 2008Austria e SuízaCampión44

Estatísticas

ClubTempadaLigaCopa do ReiComp. EuropeaSupercopaSelecciónTotalPart.GolesPart.GolesPart.GolesPart.GolesPart.GolesPart.GolesValencia CF2009 – 201024172066--4236252008 – 20093328315122141557472007 – 200828186173--12653282006 – 2007361520115--11760272005 – 2006372542----1155232Real Zaragoza2004 – 2005351610103201049192003 – 2004381684------4620 Total Primeira división227135 26 8 38154 2 5335348195Sporting de Gijón2002 – 2003*392011------40212001 – 2002*401832------43202000 – 2001*10--------10Total 302 170 28 11 37 14 4 2 54 36 423 233Datos correspondentes a 19 de marzo de 2010 * Segunda división

Palmarés Club Real Zaragoza Copa do Rei (1): 2003–04 Supercopa de España (1): 2004

Valencia Copa do Rei (1): 2007–08

Barcelona Primeira División (2): 2010–11, 2012–13 Copa do Rei (1): 2011–12 Supercopa de España (2): 2010, 2011 Liga de Campións da UEFA (1): 2010–11 Supercopa de Europa (1): 2011 Copa Mundial de Clubs da FIFA (1): 2011

Atlético de Madrid Primeira División (1): 2013–14

Selección España Copa do Mundo da FIFA (1): 2010 Eurocopa (1): 2008

Distincións individuais DistinciónAnoTrofeo Zarra2006Trofeo Zarra2007Máximo goleador da Eurocopa 20082008Trofeo Zarra2009Bota de Bronce da Copa Confederacións de 20092009Trofeo Zarra2010Bota de Prata da Copa Mundial de Fútbol de 20102010Balón de Bronce da Copa Mundial de Fútbol de 20102010

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial con información do Campus de David Villa . Sportec.es .

Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Langreu Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón B Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Xogadores do Real Zaragoza Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do New York City FC Categoría:Xogadores do Melbourne City FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial Categoría:Gañadores do Trofeo Zarra Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2006 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2010