George Lawrence Mikan, Jr. nado en Joliet (Illinois) 18 de xuño de 1924 e finado en Scottsdale (Arizona) o 1 de xuño de 2005, foi un xogador de baloncesto estadounidense que destacou na década dos anos 50 xogando durante sete tempadas na NBA, todas elas nas filas dos Minneapolis Lakers e unha máis na NBL, nos Chicago American Gears. Xogando sempre cunhas grosas lentes redondas, este xogador de 2,08 metros de altura e 111 quilos está considerado a primeira superestrela da liga profesional norteamericana, redefinindo o xogo dos denominados "homes altos" co seu lanzamento de gancho ambidextro, produto da súa propia técnica de adestramento.George Mikan Bio Recibiu o alcume de "Mr. Basketball".
Mikan tivo unha exitosa carreira como xogador, gañando sete campionatos da NBA, un MVP do All-Star Game tras xogar o encontro en catro ocasións, tres títulos de máximo anotador do campionato, e sendo elixido en seis ocasións no mellor quinteto da liga. Foi tan dominante que causou o cambio de varias regras do xogo, entre elas a ampliación da "zona de persoal" (coñecida como a "Regra Mikan") e a introdución do reloxo de 24 segundos.
Tras a súa carreira profesional, Mikan chegou a ser un dos fundadores da American Basketball Association (ABA), sendo comisionado desa liga, sendo tamén vital para o nacemento da franquía dos Minnesota Timberwolves. Nos seus últimos anos de vida, viuse inmerso nunha batalla xudicial contra a NBA loitando en favor das pensións dos xogadores retirados, cando a liga non era tan lucrativa como na actualidade. Faleceu tras unha longa loita contra a diabetes.Mikan was first prol to dominate the post Polas súas proezas, Mikan foi incluído no Basketball Hall of Fame en 1959 e formou parte dos equipos do 25 e 35 aniversario da NBA e dos "50 mellores xogadores da historia da NBA" elixidos en 1996. Dende abril de 2001, unha estatua súa lanzando o seu tradicional gancho preside o vestíbulo do estadio Target Center de Minnesota.Minneapolis Lakers great George Mikan dies
Traxectoria deportiva Comezos George Mikan naceu en Joliet, Illinois, de pais croatas con raíces en Vivodina, ao norte do país.George Mikan (1924-2005) De neno, esnaquizouse o xeonllo de xeito que tivo que permanecer en cama prostrado durante ano e medio. En 1938 ingresou no seminario do Arcebispado de Quigley, querendo nun principio ser sacerdote, mais ao pouco tempo trasladouse á Escola Católica de Joilet. Ao once anos pasaba os seus intres libres xogando a baloncesto na súa veciñanza coa súa avoa, que actuaba como árbitro, mais non aparentaba estar destinado a ser un atleta, de feito non practicou deporte algún na súa etapa de instituto. Cando accedeu á Universidade DePaul en 1942, era un tipo con movementos torpes debido á súa constitución, xa que medía 2,08 metros e pesaba 110 quilos, levando ademais unhas aparatosas lentes por mor da súa miopía.
Universidade Con todo, Mikan atopouse nos Blue Demons cun adestrador novato de 28 anos, Ray Mayer, quen viu potencial no brillante e intelixente, pero tamén tímido e torpe xogador. Posto en perspectiva, os pensamentos de Meyer foron revolucionarios, xa que o sentido común ditaba que os homes altos eran demasiado torpes para xogar ben ao baloncesto. Nos meses seguintes, transformou a Mikan nun home seguro de si mesmo, un xogador agresivo que orgulloso da súa altura no canto de sentirse intimidado por iso.Ray Meyer, Former DePaul Coach, Dies at 92 Meyer e Mikan traballaron con intensidade, e Mikan aprendeu a realizar ganchos con ambas as mans. Esta rutina acabou coñecéndose como "o exercicio Mikan". Ademais, Meyer fixo que Mikan practicase cun saco de boxeo, tomase leccións de baile e practicase cunha corda até convertelo nun vedadeiro atleta.
No seu primeiro ano na NCAA, Mikan dominou aos seus adversarios. Intimidaba aos seus opoñentes coa súa altura e a súa envergadura, sendo imparable en ataque debido ao seu perfeccionado gancho e gañándose pronto a reputación na liga de ser un dos máis fortes e resolutivos xogadores, xa que chegou a xogar arrastrando lesións e castigaba aos pivotes opoñentes con duras faltas. Ademais, desenvolveu unha habilidade especial para sacar o balón antes de que caese a canastra, grazas ao seu gran salto vertical, algo que hoxe en día está penalizado, nunha infracción que se coñece como "goaltending".
Como consecuencia diso, tanto a NCAA como a NBA cambiaron as normas, e impediron este tipo de xogadas. Mikan foi elixido en dúas ocasións Mellor Xogador da NCAA, en 1945 e 1946, e nomeado en tres ocasións All-American, levando a DePaul a gañar o título do NIT en 1945, sendo nomeado MVP do devandito torneo tras anotar 120 puntos en 3 partidos. Nun deses partidos anotou 53 puntos, nun encontro que rematou 97-53, é dicir, que consegui os mesmos puntos que todo o equipo rival. Ademais, liderou as listas nacionais de anotación con 23,9 puntos por partido na tempada 1944-45 e con 23,1 ao ano seguinte.
Estatísticas <p align="center">Estatísticas de GEORGE MIKAN (Universidade) Tempada Idade Equipo P MIN TCA TC 3PA 3P TLA TL R.OF. REB ASIS ROB TAP PER FP PTS %TC %3P %FT MIN PTS REB AST 1942-43 18 DePaul 24 97 77 111 271 .694 11.3 1943-44 19 DePaul 26 188 110 169 486 .651 18.7 1944-45 20 DePaul 24 218 122 199 558 .613 23.3 1945-46 21 DePaul 24 206 143 186 555 .769 23.1 TOTAIS 98 709 452 665 1870 .680 19.1
Profesional Chicago American Gears (1946-1947) A súa primeira incursión no profesionalismo foi na desaparecida NBL, National Basketball League, no equipo de Chicago American Gears. Xogou unicamente os últimos sete partidos da fase regular, conseguindo unha media de 16,5 puntos por partido, algo insólito para un novato, e sendo peza clave para a consecución do título de liga tras gañar na final aos Rochester Royals por 3 vitorias a 1. Mikan foi elixido MVP tras anotar 100 puntos en cinco partidos, sendo incluído tamén no mellor quinteto da liga.
Con todo, antes do comezo da tempada 1947-48, o propietario dos Gears sacou ao equipo da liga. A súa intención era a de crear unha nova competición, denominada "Professional Basketball League of America" (Liga de Baloncesto Profesional de América), con 24 equipos, no cal el sería o propietario de tódalas franquías e os seus pavillóns. Porén, a liga desapareceu tras un mes de competición e os xogadores dos equipos de White redistribuíronse entre os 11 equipos que permaneceron na NBL. Mikan recalou nos Minneapolis Lakers.
Minneapolis Lakers na NBL e a BAA (1947-1949) miniatura|Mikan (99) no Madison Square Garden. Na tempada 1947-48, Mikan coincidiu con outros dous grandes xogadores da época, o Jim "The Kangaroo Kid" Pollard e o completo Vern Mikkelsen, cos que formaría unha das combinacións de homes altos máis temibles do baloncesto profesional. Baixo a tutela do seu adestrador John Kundla, Mikan promedió 21,3 puntos na liga regular. O feito de xogar os seus partidos en casa no Minneapolis Auditorium tamén influíu no seu xogo, xa que era un par de metros máis estreito que outras canchas, o que favorecía o xogo interior. Favorecidos polo seu dominante xogo próximo ao aro, os Lakers dominaron a División Oeste. Chegaron con facilidade á final, derrotando aos Rochester Royals por 3-1 nas finais, nas cales tivo unha media de 27,5 puntos por partido. Antes de que comezase a tempada 1948-49, os Minneapolis Lakers, os Rochester Royals, os Fort Wayne Zollner Pistons e os Indianapolis Kautskys fóronse á liga rival, a BAA. A vantaxe desta liga para os equipos residía no feito de que gran parte das franquías da mesma estaban situadas en grandes cidades, como os New York Knicks, os Boston Celtics, os Philadelphia Warriors ou os Chicago Stags, o cal incrementaba as opcións de obter beneficios. Tras a adición destes catro equipos, a BAA contaba xa con xogadores con sona nos medios da clase de Mikan, Pollard, Mikkelsen e outros máis que incrementarían a atración do público pola mesma.
Na tempada 1948-49 da BAA Mikan conseguiu ter unha media de 28,3 puntos e 3,6 asistencias por partido, conseguindo a terceira parte dos puntos do seu equipo e gañando o título de máximo anotador por unha ampla marxe de diferenza. Ademais de Mikan, unicamente outros dous xogadores superaron os 20 puntos por partido, o xogador dos Warriors Joe Fulks, que foi un dos precursores do lanzamento en suspensión, e o xogador de Chicago Max Zaslofsky. O 14 de decembro de 1949, os Lakers visitaron en Madison Square Garden de Nova York, para xogar contra os Knicks. Ese día, no cartel luminoso do exterior do Garden advertíase en grandes letras: "WED BASKETBALL GEO MIKAN V/S KNICKS" (O mércores, baloncesto. George Mikan contra os Knicks). Así que cando Mikan entrou ao vestiario antes do partido, sorprendeuse ao ver ao resto dos seus compañeiros aínda vestidos de rúa, chanceando:
Esta chegou a ser unha das máis grandes anécdotas na carreira de Mikan. Os Lakers chegaron sen maiores dificultades ás Finais de 1949, onde se atoparon cos Washington Capitols, adestrados entón por Red Auerbach. Rapidamente tomaron vantaxe na eliminatoria, adiantándose 3-0. Pero no cuarto encontro Mikan rompeu o pulso, aproveitando a situación os Capitols para gañar o seu primeiro partido da serie. Gañaron tamén o quinto, a pesar de que Mikan anotou 22 puntos xogando co seu brazo vendado. Con todo, no sexto partido, os Lakers lograron un convincente 77-56, gañando o campionato da BAA. Mikan tivo unha medias nas series de 30,3 puntos por partido, a pesar da súa lesión.
Minneapolis Lakers na NBA (1949-1956) Tras esa tempada, a BAA e a NBL fusionáronse, dando lugar á actual NBA. A tempada inaugural, iniciouse con 17 equipos, cos Lakers situados na División Central. Mikan seguiu sendo un xogador dominante, promediando 27,4 puntos e 2,9 asistencias por partido. Só Alex Groza, dos Indianapolis Olympians, superou tamén a barreira dos 20 puntos esa tempada. Tras liderar sen problemas durante a fase regular, cun impresionante balance de 51 vitorias e 17 derrotas, plantáronse nas Finais, onde se atoparían con Syracuse Nationals. O primeiro partido das mesmas tivo un final inesperado, xa que o base suplente dos Lakers, Bob Harrison anotou unha canastra sobre a bucina dende 12 metros, dando a primeira vitoria aos de Minneapolis. A serie resolveuse finalmente a favor dos Lakers, gañando o sexto partido por 110-95 e conseguindo o seu primeiro título da NBA. Mikan contribuíu ao éxito anotando unha media de 31,3 puntos nos playoffs. O ano seguinte, Mikan foi de novo un xogador dominante, conseguindo un récord na súa carreira profesional ao ter unha media de 28,4 puntos por partido na liga regular, sendo de novo o máximo anotador, ademais de repartir 3,1 asistencias por encontro. Ese ano a liga engadiu unha nova estatística, a dos rebotes, quedando en segunda posición con 14,1 por partido, só por detrás do xogador dos Nats Dolph Schayes, que conseguiu 16,4. miniatura|200px|Marcada en azul, a zona de 3 segundos que se ampliou a 3,60 metros, dando lugar á denominada "Regra Mikan".