Call of Duty 2: Big Red One é un videoxogo pertencente á serie Call of Duty, programado por Treyarch, con colaboración de Gray Matter Interactive e Pi Studios. Foi distribuído por Activision e posto á venda en novembro de 2005 para GameCube, Xbox e Playstation 2. Ao igual co seu predecesor Call of Duty: Finest Hour, trátase dun FPS (first person shooter) ambientado na segunda guerra mundial.
Argumento O xogo narra unha serie de batallas da segunda guerra mundial nas que interveu a unidade estadounidense Primeira división de infantería , alcumada a Big Red One, que inclúen combates no norte de África, en Italia e na Francia ocupada. A parte final do xogo sitúase no cruzamento da liña Sigfrido na fronteira coa Alemaña nazi.
Multixogador Big Red One inclúe multixogador en liña nas versións de PS2 e Xbox, para ata 32 xogadores, pero non na de GameCube. Unha parte do código e dos modos multixogador foron introducidos xa en Call of Duty e Call of Duty: Finest Hour.
Recepción e crítica Este videoxogo recbiu boas críticas nas tres versións, un 77 na versión de PS2 , un 78 en Xbox e un 76 na de GameCube .
Vendas A versión de PS2 logrou vender 2,32 millóns de unidades http://vgchartz.com/games/game.php?id=4932®ion=Japan e a de Xbox 1,14 http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=299®ion=All.
Notas
Categoría:Call of Duty Categoría:Videoxogos de 2005