AK Press é unha editorial independente, de propiedade colectiva especializada en literatura radical e anarquista. As obras publicadas por AK Press inclúen reedicións de clásicos do radicalismo e outras obras de autores novos. Opera dende Londres, Edimburgo e Oakland (California).

Entre os autores que publicaron obras na editorial están Noam Chomsky, Howard Zinn, Jello Biafra, Arundhati Roy e Mumia Abu-Jamal

Véxase tamén

Ligazóns externas Web de AK Press

Categoría:Anarquismo Categoría:Editoriais do Reino Unido Categoría:Editoriais dos Estados Unidos de América