250px|dereita|miniatura|Cardume en movemento.
Un cardume, tamén coñecido como fieiro ou armeiro, é o substantivo colectivo que designa un grupo de peixes, normalmente da mesma especie e do mesmo grupo de idade, que nadan como se fosen un único individuo.
Este tipo de comportamento, moi común nos peixes peláxicos, pode considerarse unha adaptación evolutiva, dado que supón moitas vantaxes para a especie: permite que un maior número de individuos se manteña nunha zona con mellores condicións de vida, respecto á temperatura ou a alimentación"Sobre os cardumes e a reprodução dos peixes" , artigo de Armando de Luca en www.360graus.com.br] (consultado o 8 de xuño de 2009)..
Ademais, permite que durante a reprodución sexan fecundados un maior número de óvulos, dado que os peixes peláxicos adoitan ter unha fecundación externa.
Notas
Categoría:Termos zoolóxicos Categoría:Peixes