Kraken Mare é o lago máis grande na superficie da lúa de Saturno, Titán. Foi descuberto pola sonda Cassini no 2007 e recibiu o nome de Kraken, o lendario monstro mariño da mitoloxía nórdica.

miniatura|esquerda|210px|Reflexo especular da rexión do Kraken Mare, detectada pola sonda Cassini o 8 de xullo do 2009

Con case toda seguridade Kraken Mare é o lago máis grande da rexión do polo norte de Titán, xa que ten preto de 400.000 km2 (cinco veces máis có lago Superior de Norte América e un pouco máis có Mar Caspio, o lago máis grande da Terra) e a superficie total das áreas escuras que moi posiblemente sexan lagos non sería moi superior nestas estimacións (baseadas nas imaxes obtidas por radar) aos 510.000 km2 (un 40% máis de tamaño có Mar Caspio), polo cal este lago sería con moito o máis grande dos lagos da rexión do polo norte de Titán.

O seu status coma mar de hidrocarburos foi confirmado polas imaxes e datos obtidos por radar. Só unha porción do mar escaneada por radar, pero coma se pode ver na imaxe da caixa de información, o seu tamaño e moito máis grande, coma así reflicte a imaxe de fondo feita no espectro visible.

Unha illa existente neste mar recibiu o nome de Mayda Insula.

Coma parte do proxecto da Titan Saturn System Mission, propúxose que esta sonda probase amarar no Kraken Mare para analiza-la súa composición, profundidade e outras moitas propiedades.

400px|miniatura|Imaxe dos lagos do polo norte de Titán. Pódese ver completo e cara á esquina inferior dereita o Ligeia Mare, á súa esquerda e atravesado por unha parte do mapa en branco, pódese ve-lo Kraken Mare coa súa grande illa do norte, a Mayda Insula; máis o norte (case sobre o polo) vese parte do Punga Mare.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Titán (lúa) Lagos de Titán Ligeia Mare Lista dos accidentes xeolóxicos de Titán

Ligazóns externas

Map of Titan's north pole, based on radar imagery, showing Kraken Mare's location (imaxe dos lagos do polo norte de Titán con nomenclatura incluída.) Cassini-Huygens: Multimedia-Images

Categoría:Titán Categoría:Maria