Afonso III alcumado o Grande, nado no 852Carriedo Tejedo (1993). p.139 e finado en Zamora o 20 de decembro de 910, foi rei de Galiza entre os anos 866 e 910. Fillo de Ordoño I, foi o derradeiro rei da Galiza altomedieval que reinou desde a cidade de Oviedo. A súa autoridade viuse severamente cuestionada en múltiples ocasións ao longo do seu reinado. Por este motivo foron creadas na súa corte as chamadas crónicas asturianas (Albeldense e de Afonso III), textos que lexitimaban o rei ligando a súa xenealoxía coa dos derradeiros monarcas visigodos.
Traxectoria Nado en Lugo, segundo algún dos seus biógrafos,Cotarelo Valledor (1933). p.67 Afonso foi criado na corte de Oviedo. Con só dez anos de idade, en 862, foi asociado ao trono polo seu pai e, nese mesmo ano, aparece asinando como rei (Adefonsus rex) nun documento que confirma a ampliación do señorío da igrexa de Santiago. Será precisamente durante o seu reinado cando principie unha ambiciosa reforma da catedral de Santiago de Compostela, que el mesmo consagrará o 6 de maio de 899.
Revoltas nobiliarias esquerda|miniatura|195x195px|Afonso e Ximena no Libro dos Testamentos (Oviedo) Afonso subiu ao trono en 866, trala morte do seu pai Ordoño. De xeito case inmediato, o conde de Lugo Froila Xemúndiz rebelouse contra el, proclamándose rei en Oviedo. Isto obrigou a Afonso a buscar refuxio na parte oriental do reino, lugar do que só puido regresar meses despois, cando Froila foi asasinado polos seus partidarios.
Retomado o control do reino tivo que liderar unha campaña militar para enfrontar unha nova revolta, esta vez nos territorios vascóns. É probábel que para asegurar a pacificación da zona contraese matrimonio, no ano 873,Carriedo Tejedo (1993). p.145 con Ximena Garcés, filla do rei de Navarra.Carriedo Tejedo (1993). p.143 Deste casamento nacerían varios fillos, tres deles: Ordoño II, García I e Froila II, chegarían a ser tamén monarcas do reino.
Non foron estas as únicas rebelións que tivo que enfrontar Afonso, un rei cuxa lexitimidade foi posta a proba de xeito continuado. Algúns exemplos son: o levantamento de Flacidio, conde de Lugo en 874;Cotarelo Valledor (1933). p.204 A conspiracións dos seus irmáns no ano 876. Un deles, Bermudo, mantívose en rebeldía durante sete anos desde a cidade de Astorga;Cotarelo Valledor (1933). p.244 A conxura do nobre Hermenexildo Peres e a súa dona Iberia do 886; ou a revolta do conde galego Vitiza entre os anos 887 e 895.
A continua sucesión de levantamentos nobiliarios explícase pola resistencia presentada ao proceso de centralización e expansión da autoridade rexia que tiña lugar na altura. Por este motivo, foi creado na corte ovetense un novo artefacto ideolóxico: o neogoticismo. Un ideario que lexitimaba o rei Afonso inventando unha liña xenealóxica que o emparentaba con Rodrigo, o último rei visigodo.López Carreira (2005). p.191 Alén diso, funcionaba tamén como xustificación política para a "reconquista" de territorios na Hispania musulmá. Neste contexto escribíronse as denominadas crónicas asturianas: a Albeldense e a Crónica de Afonso III, uns textos de enorme influencia sobre a historiografía posterior.
Expansión territorial left|miniatura|260x260px|Bispados do reino galego en tempos de Afonso III: Braga (metrópole), Dumio, Porto, Tui, Ourense, Iria (Compostela), Lugo, Britonia (Mondoñedo) e Astorga. As revoltas non foron, na época, patrimonio exclusivo do reino cristián. Tamén o emirato cordobés achábase nun período de inestabilidade interna, no que abundaban as sublevacións e as convulsións políticas. A desunión entre os musulmáns foi aproveitada para a expansión militar dos dominios cristiáns. Así, se no comezo do reinado de Afonso III a liña fronteiriza apoiábase nas prazas fortes de Tui, Astorga, León e Amaia Patricia, no final chegaba até as beiras do río Mondego, e desde Simancas seguía o curso do río Pisuerga até os territorios burgaleses do Arlanzón.López Teixeira (2010). pp.133-134
Nestes anos foron fortificadas cidades como Astorga, León e (sobre todo) Zamora. E, mentres no oriente peninsular se mantiñan as fronteiras, na fachada atlántica, as mesnadas dos magnates galegos avanzaban con decisión cara ao sur. Fitos destacados do avance foron a conquista do Porto polo conde Vímara Peres, en 868. Feito que moveu as fronteiras cristiáns até a liña do río Douro creando un novo señorío: o condado portucalense; e a conquista de Coímbra polo conde Hermenexildo Goterres, en 878, estendendo o reino até o río Mondego. O conde Hermenexildo asumiu tarefas de goberno nos novos territorios conquistados, e ocupou anos máis tarde o cargo palatino de mordomo real. Unha das súas fillas, Elvira, casou no ano 900 con Ordoño, fillo do rei, quen pasaría nos dominios dos Goterres gran parte da súa mocidade.
O avance das fronteiras cara ao sur peninsular motivou o traslado de funcións militares e políticas desde antiga capital Oviedo ata unha cidade máis ao sur, Legio (León). A cidade de León, supoñía un importante enclave estratéxico, pois alí confluían dúas importantes rutas: por unha banda a vía que unía Braga con Bordeos, e por outra a ruta da prata, que chegaba a Galiza dende Hispania, pasando polas cidades de Sevilla e Mérida. Do mesmo xeito que acontecera con Oviedo, o feito de que carecera de bispo e señor feudal -non así a veciña Astorga- facía daquel antigo asentamento militar romano un lugar axeitado para a nova corte real. A cidade galega de León converteuse pois a comezos do século X na nova capital do reino.
Derrocamento e morte miniatura|420x420px|Representación imaxinaria do rei Afonso III (século XIX) Pouco antes do ano 910 Afonso III sufriu unha nova tentativa de derrocamento, esta vez a mans do seu fillo primoxénito, García. Casado con Munia -filla do conde castelán Munio Fernández-, García encabezou a conxura instigado polo seu sogro e apoiado pola propia raíña Ximena. Opostos á tentativa situáronse Hermenexildo Goterres e a alta nobreza da Galiza nuclear, tradicionalmente hexemónica na corte. Após un período de inestabilidade, Afonso III deixou finalmente o poder, herdando García o reino e facendo efectivo o definitivo traslado da sede rexia desde Oviedo a León. En resposta ao golpe de estado, o 7 de xuño de 910, os magnates galegos reuníronse en asemblea en Lugo, proclamando a Ordoño II rei privativo da Galiza nuclear (a actual comunidade autónoma galega máis o norte de Portugal). Outro dos fillos de Afonso, Fruela retivo o control da histórica sede ovetense e da franxa litoral cantábrica.
O 20 de decembro dese mesmo ano, con 62 anos cumpridos, faleceu Afonso III na cidade de Zamora. Os seus restos foron sepultados na Catedral de Astorga, para ser trasladados posteriormente á igrexa de Santa María de Oviedo e, xa no século XVII incorporados ao panteón real da Catedral de dita cidade.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Bibliografía
, Camilo (2001): A Memoria da nación: o reino da Gallaecia. Xerais, Vigo.
Outros artigos Lista de reis de Galicia Lista de reis de Asturias
Categoría:Reis de Galicia Categoría:Nados en 852 Categoría:Finados en 910 Categoría:Historia de España do século IX Categoría:Historia de España do século X Categoría:Nados en Lugo