Viviane é unha vocalista portuguesa. A súa voz e cancións son moi características, pola forma como pronuncia o portugués, con sonoridades do seu francés natal. Forma parte da banda Entre Aspas e do proxecto Linha da Frente. Actualmente segue a carreira en solitario.

Biografía Era Entre Aspas Viviane Farias naceu en Nice, Francia, mais mudouse a Portugal aos 13 anos.myspace.com/vivianeparra Inicia a súa carreira musical en 1990, formando con Tó Viegas os Entre Aspas, editando cinco álbums.

En 2001 integra o proxecto colectivo Linha da Frente editando un álbum na editora Universal en 2002, ao lado de João Aguardela (Sitiados), Luís Varatojo, Dora Fidalgo, Janelo, Prince Wadada e Rui Duarte (Ramp).myspace.com/linhadafrente

"O Sul" é un disco editado en 2003 co proxecto Camaleão Azul, que partilla con Tó Viegas, baseado na poesía do escritor Fernando Cabrita. Dese álbum é extraído o single "Nocturno III"

Era post Entre Aspas En 2005 chega á fin o grupo Entre Aspas. Viviane inicia a súa carreira en solitario co primeiro álbum titulado "Amores Imperfeitos", coproducido con Tó Viegas, gravado no seu propio estudio ZIPMIX no Algarve, con sonoridades en formato acústico.

Regresa en 2007 cun traballo en formato acústico, co título homónimo de "Viviane" nun conxunto de once cancións en que se firma unha dialéctica enriquecedora entre as linguaxes universais do Fado e do Tango e co acordeón e a guitarra portuguesa como notas dominantes. Deste álbum xorde "Meu coração abandonado" coma single de presentación.

En 2009 integra o proxecto Rua da Saudade xuntamente con Susana Félix, Mafalda Arnauth e Luanda Cozetti, dando voz ás letras orixinais de Ary dos Santos no álbum Canções de Ary dos Santos.«Canções de Ary dos Santos», Rua da Saudade en diariodigital.sapo.pt

Discografía Discografía en solitario 2003- Amores Imperfeitos 2007- Viviane Outros proxectos 2002- Linha da Frente- Linha da Frente 2006- Camaleão Azul- O Sul 2009- Rua da Saudade- Canções de Ary dos Santos''

Notas

Categoría:Músicos de Portugal Categoría:Nados en Niza