Francisco Morazán é un dos 18 departamentos nos que se divide a República de Honduras, localizada polo zona central desta. Ten unha superficie de 8.619 km² e , no 2005, tiña unha poboación estimada de 1 680 700 habitantes.

O departamento limita polo norte cos departamentos de Comayagua, Yoro e Olancho; polo sur cos departamentos Valle e Choluteca; polo leste con Olancho e El Paraíso, e polo oeste cos departamentos de Comayagua e La Paz.

Historia O departamento de Francisco Morazán (anteriormente Tegucigalpa) é un dos sete departamentos orixinais da República de Honduras. Este fundouse por decreto da primeira Asemblea Constituínte do Estado, expedida o 28 de xuño de 1825 durante a administración de don Dionisio de Herrera.

En 1869, o departamento foi reducido cando o municipio de Texiguat foi anexado ao departamento de El Paraíso. En 1943 Tegucigalpa pasou a chamarse 'Francisco Morazán' conmemorando o centenario da morte do Paladín da Unión Centroamericana.

Municipalidades Alubarén Cedros Curarén Distrito Central El Porvenir Guaimaca La Libertad La Venta Lepaterique Maraita Marale Nueva Armenia Ojojona Orica Reitoca Sabanagrande San Antonio de Oriente San Buenaventura San Ignacio San Juan de Flores San Miguelito Santa Ana Santa Lucía Talanga Tatumbla Valle de Ángeles Vallecillo Villa de San Francisco

Francisco Morazán