Ocotepeque é un dos 18 departamentos nos que se divide a República de Honduras, localizado no oeste desta, limitando co Salvador e Guatemala. A capital departamental e principal cidade é Ocotepeque. Ten unha superficie de 1.680 km² e, no 2001, tiña unha poboación censada de 108.029 habitantes, o que supón un aumento con respecto a 1988, cando tiña 77.128 habitantes.
Municipios
Belén Gualcho Concepción Dolores Merendon Fraternidad La Encarnación La Labor Lucerna Mercedes Ocotepeque San Fernando San Francisco del Valle San Jorge San Marcos Santa Fé Sensenti Sinuapa
Notas
Véxase tamén
Ocotepeque