San Xoán da Laxe é unha parroquia do concello lugués do Valadouro, na comarca da Mariña Central.

Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 204 habitantes (97 homes e 107 mulleres), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución con respecto a 2011, cando tiña 254 habitantes.

Historia A vila de Ferreira, capitalidade do concello, pertenceu a esta parroquia ata que se constituíu na actual parroquia de Santa María de Ferreira.

Nesta parroquia naceu o cura e poeta Celestino Cabarcos Suárez.

Patrimonio Restos da cultura castrexa no Monte dos Castros. A igrexa parroquial de San Xoán da Laxe é barroca, do século XVIII. Ten tres retablos neoclásicos. Posúe unha cruz procesional de prata barroca. A Casa das Carballesas (no lugar das Penas da Laxe) datada en 1737.

Lugares e parroquias Lugares da Laxe

Parroquias do Valadouro

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares do Valadouro

Categoría:Parroquias do Valadouro Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán