O Pazo provincial dos deportes de Lugo é un pavillón polideportivo situado na cidade de Lugo, no barrio de Acea de Olga. Ten capacidade para 5.310 espectadores. Foi inaugurado en 1992.
Historia O Pazo dos Deportes foi inaugurado o 13 de setembro de 1992 co torneo Xacobeo, no que participaron, a parte do equipo lucense, o Elosúa León, o Maccabi Tel Aviv e o Real Madrid. Na primeira semifinal que enfrontou ao Breogán de Velimir Perasović ao Real Madrid, o madrileños conseguiron a vitoria. No partido polo terceiro e cuarto posto o Breogán vencería por un punto aos macabeos.
Instalacións Dedicado principalmente ao baloncesto, xa que nel bogan o Club Baloncesto Breogán e o Club Deportivo Ensino, tamén dispón de ximnasio, canchas de squash, e pistas polideportivas anexas. Tamén ten acollido encontros da primeira división da LNFS do Prone Lugo e do Barcel Euro Puebla, ademais de encontros internacionais de baloncesto de todas as categorías.
O pazo está situado no campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, motivo pola cal é ás veces chamado "pazo universitario" ou "universitario" simplemente. Conta nos arredores cunha piscina cuberta e pistas de atletismo. O aparcadoiro do recinto é tamén utilizado ás veces para a celebración de concertos ou outras actividades.
Galería
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista dos pavillóns de Galicia de maior capacidade Pavillón dos Deportes de Lugo Ligazóns externas O Pazo na web do Breogán
Categoría:Pavillóns de Galicia Categoría:Deporte en Lugo Categoría:Pavillóns de baloncesto de Galicia Categoría:Club Baloncesto Breogán