Pedro Gregorio Armendáriz Hastings, nado en Churubusco (Cidade de México) o 9 de maio de 1912 e finado nos Ánxeles o 18 de xuño de 1963, foi un actor da chamada "Época de Ouro do cinema mexicano", ademais de traballar tamén en Hollywood e en Europa.
Traxectoria Era fillo do mexicano Pedro Armendáriz García-Conde e a estadounidense Adela Hastings. Viviu cos seus pais en Texas e estudou en California, onde rematou a súa carreira de enxeñaría na Escola Politécnica de California.
Ao acabar os seus estudos mudouse á Cidade de México, onde se empregou como ferrocarrileiro, guía de turistas e xornalista da revista bilingüe México Real. Foi descuberto polo director de cine Miguel Zacarías cando Pedro recitaba o monólogo de Hamlet a unha turista estadounidense. Filmou a súa primeira película aos 22 anos e, desde aquela, actuou en ducias de filmes alternando o cine mexicano co estadounidense. Foi o actor favorito de Emilio Fernández, con quen realizaría algunhas das súas mellores películas como Soy puro mexicano (1941), Flor Silvestre (1942), María Candelaria (1943), Bugambilia (1945), Enamorada (1946) ou La Perla (1947), alternando con figuras tan míticas como Dolores del Río e María Félix. Tamén participou en producións de Francia, España, Italia e Inglaterra. En Hollywood, foi coñecido polo seu traballo en filmes como Fort Apache (1948), e ten actuado ás ordes de directores como John Ford, John Huston ou Michael Curtiz.
En 1956 participou na película The Conqueror producida por Howard Hughes. Esta foi rodada no estado norteamericano de Utah nunha época na cal o goberno norteamericano realizaba probas nucleares no veciño estado de Nevada. 91 das 220 persoas involucradas na produción da película enfermaron de cáncer e 46 destas morreron a consecuencia desta enfermidade, entre elas, os actores John Wayne (cancro de estómago e pulmón), Susan Hayward (cancro de cerebro), Agnes Moorehead (cancro de pulmón), John Hoyt (cancro de pulmón). Ademais destes, o director da película, Dick Powell (cancro de glándulas linfáticas) tamén finou. Pedro Armendáriz empezou a sufrir dores na cadeira e anos despois atopóuselle cancro. Ao saber da súa mortal enfermidade e que tiña metástase, durante a súa estancia no hospital da Universidade de California nos Ánxeles (UCLA) Pedro optou polo suicidio cun tiro no peito o 18 de xuño de 1963.
Filmografía Hollywood Ano Filme Personaxe Notas1947O fuxitivoPoliciaO fuxitivo1948Fort ApacheBeaufortas Pedro Armendariz3 GodfathersPedro "Pete' Roca Fuerte1949TulsaJim RedbirdWe Were StrangersArmando Ariete1950The TorchJosé Juan ReyesDel odio nace el amor (México)1954Border RiverXeneral Eduardo Calleja1956The Littlest OutlawXen. Torres1956The ConquerorJamugaDianeFrancis I1957The Big BoodleCol. Masteguias Pedro Armendariz1959The Wonderful CountryCipriano CastroLittle SavageEl Tiburón1961Francis of AssisiSultán1963Desde Rusia con amorKerim BeyCaptain SindbadEl Kerim
Cinema italiano Ano Filme Personaxe Notas1954Tam tam mayumbeTom Toms of Mayumba (USA)1956Uomini e lupi]Men and Wolves (USA)1962Arrivano i titaniCadmoThe Titans (USA)
Cinema francés Ano Filme Personaxe Notas1953Lucrèce BorgiaCésar BorgiaLucretia Borgia1955Fortune carréeIgricheff
Cinema mexicano
Ano Filme Personaxe Notas1935Rosario1936Irma la malaMaría ElenaEduardo1937Jalisco nunca pierdeLas cuatro milpasAmapola del caminoJuan Padilla1938Los millones de ChaflánMi candidatoCanto a mi tierraLa AdelitaSabino Estrada1939La reina del ríoUna luz en mi caminoEl indioCon los Dorados de VillaLa china Hilaria1940Pobre diabloLos olvidados de DiosMala yerbaEl jefe máximoEl charro negro (1940)1941El zorro de JaliscoEl secreto del sacerdoteNi sangre, ni arena1942Soy puro mexicanoSimón BolívarLa epopeya del caminoDel rancho a la capitalAllá en el bajíoLa isla de la pasión (Clipperton)El Toro1943Tierra de pasionesKonga RojaGuadalajaraPedroDistinto amanecerOctavioFlor silvestreJose Luis Castro1944La guerra de los pastelesEl corsario negroLas calaveras del terrorAlma de bronceMaria CandelariaLorenzo Rafael1945Entre hermanosEl Capitán MalacaraBugambiliaRicardo RojasLas AbandonadasJuan Gómez1946Rayando el solEnamoradaXen. José Juan Reyes1947La casa coloradaAlbur de amorLa perlaQuino1948Juan CharrasqueadoEn la hacienda de la florMacloviaJosé María1949La malquerida
Ano Filme Personaxe Notas1949El charro y la damaAl caer la tardeEl abandonado1950Por la puerta falsaLa loca de la casaRosauro CastroRosauro CastroVuelve Pancho VillaPancho Villa1951Tierra bajaPor querer a una mujerElla y yoBodas de fuegoRodolfo CarreraCamino del infiernoPedro Uribe1952Los tres alegres compadresEl rebozo de SoledadHambre nuestra de cada díaCarne de presidioLa noche avanzaMarcos Arizmendi1953El brutoPedroEl tirano de ToledoDon Blas1954MulataDos mundos y un amorReto a la vidaDiego MaldonadoLa rebelión de los colgadosCándido Costa1956Viva revoluciónCanasta de cuentos mexicanosLa EscondidaFelipe Rojano1957La mujer que no tuvo infanciaAsí era Pancho VillaPancho VillaManuelaMario Constanza1958Los salvajesQuiero ser artista1959El zarcoYo pecadorSed de amorCafé ColónAndo volando bajoFlor de mayoPepe GamboaLas Señoritas VivancoGen. Inocencio TorrenteraLa CucarachaCoronel Valentín Razo1960Verano violentoEl impostorDos hijos desobedientesLa cárcel de CananeaCalibre 44Aquí está Pancho VillaPancho VillaPancho Villa y la ValentinaPancho VillaLos desarraigadosJoe1961El indultoLos hermanos del hierroGeneral1962Los valientes no muerenEl tejedor de milagros1963La bandidaRoberto
Véxase tamén
Ligazóns externas Biografía na páxina do Cine Mexicano do ITESM.
Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de cinema de México Categoría:Suicidas de México Categoría:Suicidas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados na Cidade de México Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1963 Categoría:Suicidios en 1963