Polideuco (ou en grego Πολυδεύκης) pequena lúa de Saturno que é co-orbital con Dione e está situada no punto de Langrage de cola (retagarda) de Dione (L5). O seu diámetro está estimado en 3,5 km.Porco, C. C.; et al.; Cassini Imaging Science: Initial Results on Saturn's Rings and Small Satellites, Science, Vol. 307, No. 5713 (25 de febreiro do 2005), pp. 1226-1236

Polydeuco foi descuberto polo Equipo de Imaxes da Cassini o 24 de outubro do 2004, a partir de imaxes tomadas o 21 de outubro dese mesmo anoC.C. Porco, et al., IAUC 8432: Satellites and Rings of Saturn 8 de novembro do 2004 (descubrimento) e recibiu a designación temporal de S/2004 S 5. Procuras posteriores en fotografías tomadas con anterioridade pola propia Cassini amosaban a Polideuco en imaxes do 9 de abril do 2004. Polideuco tamén é coñecido coma Saturno XXXIV.

Das catro lúas troianas do sistema de satélites de Saturno, Polideuco é a que está máis afastada do seu punto de Langrage. A libración desta lúa lévaa a estar afastada do punto L5 31,4° na dirección contraria a Dione, e 26,1° en dirección cara Dione nun período de 790,931 días (en comparación con L5 que está 60° por detrás de Dione). A libración desta lúa é unha clara evidencia da simetría neste tipo de órbitas entre o afastamento e achegamento da lúa a Dione. No curso dun ciclo, o radio orbital de Polydeuco varía ± 7660 kms respecto do de Dione.

O nome de Polideuco foi aprobado polo Grupo de Traballo no Sistema de Nomenclatura Planetaria da UAI o 21 de xaneiro do 2005.IAUC 8471: Satellites of Saturn 21 de xaneiro do 2005 (bautizo da lúa) Na mitoloxía grega, Polideuco ou Póllux, era o irmán xemelgo de Cástor, fillo de Zeus e Leda.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Saturno Dione Helena, a outra lúa co-orbital de Dione.

Ligazóns externas

Polydeuces Profileby NASA's Solar System Exploration IAU Working Group on Planetary System Nomenclature Cassini news release on ring and moon discoveries, via Spaceflight Now (febreiro 24, 2005)

Categoría:Lúas de Saturno