O Royal Bafokeng é un estadio multipropósito, mais principalmente dedicado á práctica do fútbol e do rugby, situado en Rustenburg, Suráfrica. Recibe o seu nome da Nación Royal Bafokeng que habita a zona, a cal construíu e xestiona o recinto. Foi unha das sedes da Copa Mundial de Fútbol de 2010.

Historia Construído en 1999, orixinalmente para a práctica do rugby, o estadio foi adecuado para a práctica do fútbol de cara á Copa do Mundo. Tiña capacidade para 38.000 espectadores, mais para a disputa do Mundial de 2010 foi ampliado a 44.530 afeccionados.

A remodelación do Royal Bafokeng completouse en marzo de 2009 para acoller catro partidos da Copa FIFA Confederacións 2009. Anteriormente fora escenario de moitos encontros da Premier Soccer League, a pesar de que Rustenburg non ten equipo propio. Tamén neste estadio se xogaron encontros oficiais da selección de fútbol de Suráfrica.

Copa do Mundo 2010

Partidos miniatura|Interior do Royal Bafokeng. O Royal Bafokeng albergou durante o campionato seis encontros: cinco encontros da fase de grupos e un de oitavos de final. Os partidos foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores 12 de xuño Primeira rolda Inglaterra 1 - 1Estados Unidos 38.646 15 de xuño Primeira rolda Nova Zelandia 1 - 1 Eslovaquia 23.871 19 de xuño Primeira rolda Ghana 1 - 1 Australia 34.812 22 de xuño Primeira rolda México 0 - 1 Uruguai 33.425 24 de xuño Primeira rolda Dinamarca 1 - 3 Xapón 27.967 26 de xuño Oitavos de final Estados Unidos 1 - 2 Ghana 34.976

Notas

Véxase tamén Outros artigos Copa Mundial de Fútbol de 2010

Ligazóns externas

Estadio Royal Bafokeng en fifa.com

Royal Bafokeng Royal Bafokeng Royal Bafokeng