A casa da Parra é un edificio de finais do século XVII situado na praza da Quintana de Santiago de Compostela. Foi deseñado por Domingo de Andrade.
Historia e características O edificio é de fábrica de cantaría de granito con cuberta de tella. Consta de planta terrea e un sobrado. No século XX foi obxecto de reformas, no que se lle engadiu a balaustrada superior e un segundo andar máis. O último andar remata coa balaustrada e un balcón.
Destaca pola riqueza da ornamentación: as oito gárgolas da cornixa, as métopas, as ménsulas e os canzorros labrados na parte inferior do balcón e a decoración a base de acios que enmarcan as portas inferior e superior do lado dereito e dan nome á casa. A gran cheminea acubada é unha das máis emblemáticas da cidade. Tamén ten unha representación do home verde. Na actualidade funciona como sala de exposicións adicada a autores galegos e sede do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.
No balcón da Casa da Parra hai unha cámara web da CRTVG, que renova a imaxe cada dous segundos e abrangue aproximadamente un ángulo de visión de 90º.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina da cámara web sita na Casa da Parra Programación cultural da Casa da Parra
Categoría:Arquitectura civil en Santiago de Compostela Parra