Canale 5 (Canale cinque) é unha canle de televisión privada en aberto que, xunto con Italia 1 e Rete 4, forma parte do grupo Mediaset, propiedade de Silvio Berlusconi. A súa programación abrangue unha oferta xeneralista dirixida a toda a familia. Esta canle está considerada a primeira de televisión privada a nivel nacional en Italia, comezando a funcionar a nivel nacional desde 1980.

No estranxeiro Berlusconi intentou implantar o modelo de programación de Canale 5 noutros países europeos. En España creou a canle Telecinco, pero noutros países acabou por desaparecer.

España: Telecinco (1990) -50,1% do accionariado, control exercido por Grupo Vocento Francia: La Cinq (1986-1992) Alemaña: Tele 5 (1988-1993)

Véxase tamén Outros artigos Rete 4 Italia 1 Telecinco Silvio Berlusconi

Ligazóns externas Web de Canale 5

Categoría:Cadeas de televisión da Unión Europea