miniatura|dereita|150px|Neno nunha manifestación de orientación cristiá. A visión que ten o cristianismo da homosexualidade é moi diversa. Algunhas igrexas cristiás son totalmente contrarias á admisión de prácticas sexuais entre persoas do mesmo sexo porque ven nelas unha ofensa ao seu deus. Outras consideran que as relacións sexuais son expresión do amor e admítenas dentro da súa moral. Entre estas dúas posturas extremas hai moitos matices, tantos como interpretacións hai da mensaxe de Xesús de Nazaret.

Catolicismo A postura oficial da Igrexa Católica provén, en parte, da interpretación tendenciosa dos textos sagrados, e en parte do mantemento dunha tradición patriarcal heterocéntrica.

Actualmente a principal igrexa cristiá por volume de crentes é a Católica. A súa postura oficial no referente á práctica homosexual está expresada no Catecismo, que afirma que "os actos homosexuais son intrinsecamente desordenados. (...) Son contrarios á lei natural. Pechan o acto sexual ao don da vida. Non proceden dunha verdadeira complementariedade afectiva e sexual. Non poden recibir aprobación en ningún caso". Neste principio apréciase a permanencia da filosofía estoica na identificación entre sexualidade aceptable e procreación. No relativo ás persoas homosexuais, o Catecismo afirma que "non elixen a súa condición homosexual; esta constitúe para la maioría deles unha auténtica proba. (...) As persoas homosexuais están chamadas á castidade. Mediante virtudes de dominio de si mesmo que eduquen a liberdade interior (...) poden e deben acercarse gradual e resoltamente á perfección cristiá.".

Protestantismo Outras igrexas cristiás non católicas non ven nas prácticas sexuais con persoas do mesmo sexo unha violación do seu código moral. Dentro desta corrente integradora, a igrexa cuáquera británica aprobou en xullo do 2009 a celebración de casamentos relixiosos entre persoas do mesmo sexo, e solicitou ao Goberno a súa validación civil. É certo que as congregacións cuáqueras do Reino Unido e Australia son especialmente proclives a considerar as persoas homosexuais en réxime de igualdade, mentres que as dos Estados Unidos e Suráfrica están inspiradas por unha filosofía máis homófoba. En xeral, semella haber unha relación directa entre a maior apertura e o maior desenvolvemento económico e social.

Normalmente aquelas igrexas máis favorables ao trato igualitario son as que levan feito máis avances tamén en materia de igualdade de xénero, como é o caso da Igrexa Episcopaliana ou da Igrexa Luterana Evanxélica de América, que permiten o ordenamento de mulleres e de persoas abertamente homosexuais. Para sorpresa dos seus fieis, a Igrexa Episcopaliana de Míchigan, no ano 1973, informaba:

Por último, a Sociedade Teolóxica Americana afirma:

Ortodoxia

Notas

Véxase tamén Outros artigos Homosexualidade Cristianismo

Categoría:Doutrina cristiá Categoría:Homosexualidade