Francisco Javier da Silva Irago, coñecido artisticamente como Kiko Da Silva, nado en Vigo o 20 de xuño de 1979, é un autor de banda deseñada historietista, ilustrador e director editorial galego.

Traxectoria miniatura|300px|Presentación d´A Arte de trobar en Pontevedra, na Casa das Campás, o 20 de decembro de 2017. Na imaxe, Xaime Toxo, Manuel Bragado, Santiago Lopo e Kiko da Silva Xa de novo, con 17 anos, acadou o premio Ourense de Banda Deseñada ó mellor autor afeccionado. Licenciouse en Belas Artes pola Universidade de Vigo, na facultade de Pontevedra.

En 2002 comezou a publicar a serie Fiz nos biosbardos no semanario infantil Golfiño, distribuído por La Voz de Galicia, con historietas autoconclusivas dunha páxina a cor. Fiz, o protagonista, era un cativo cunha estraña afección aos residuos orgánicos.

Dirixe a revista de historietas semestral BD Banda, ademais de publicar algunhas historietas. A publicación naceu promovida polo propio Da Silva e Cano Paz, e contou con apoio institucional do concello de Pontevedra a partir do segundo número. En 2007 a publicación profesionalizouse coa colaboración da Editorial Kalandraka, sendo relanzada cun novo número un e distribución estatal cunha dobre edición en galego e castelán.

Participa na revista de historietas infantís Mister K con dúas series fixas: "Clases con guasa" (peripecias de Guasa, un estudante lacazán e non moi intelixente) e "TurisTeo" (relacionada co mundo das viaxes e con Teo como "presentador" da serie). Tamén debuxaba con frecuencia historietas da sección de actualidade ou tema de portada. Logo de colaborar nesta publicación, pasou a publicar de xeito esporádico en El Jueves, co personaxe Emilio Eurista.

Dirixiu a revista cómica Retranca e colabora habitualmente con La Voz de Galicia nas edicións locais de Pontevedra e Vigo, amais de ilustrar os monólogos de Róber Bodegas. No 2012 fundou a primeira Escola Profesional de Banda Deseñada e ilustración de Galicia, coñecida como O Garaxe Hermético, na que traballa como mestre. miniatura| Nas Eleccións xerais de España de abril de 2019 foi candidato na lista do BNG ao Congreso dos Deputados pola Provincia de Pontevedra. Repetiu candidatura nas de novembro do mesmo ano.

Ilustracións e obras

Laia, a nena da illa, de Ánxela Loureiro (1998). Vigo: Xerais. ISBN 9788483022481. O cumpreanos do rei Pericón, de Dolores Rial Fernández (1998). Vigo: Ir Indo. ISBN 978-84-7680-284-7. A verdadeira historia do pirata Xocas, de Milagros Oya Martínez (1999). Vigo: Ir Indo. ISBN 978-8476802816. A memoria das árbores, de Marcial del Adaliz e Xosé A. Neira Cruz (2000). Pontevedra: Kalandraka. ISBN 9788495123992. Moncho e a mancha (2002). Pontevedra: Kalandraka. ISBN 978-84-1343-098-0. Rato de Campo e rato de cidade, de Eva Mejuto (2004). Pontevedra: Kalandraka. ISBN 9788484641391 Dez contos de Andersen, de Hans Christian Andersen (2005). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-8288-799-9. Fiz (2005). Faktoría K de libros. ISBN 978-84-934641-4-1. La noche de la reina Berenguela, de Xosé A. Neira Cruz (2005). Oxford University Press España, S.A. ISBN 978-84-9811-005-0. Que contan as ovellas para durmir? (2007). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9151-100-7. O humor non engorda (2008). Biblos Clube de Lectores. ISBN 978-84-935609-9-7. Fiz. O neno máis porco do mundo (2013). Retranca Ed. ISBN 978-84-941632-1-0. El infierno del dibujante (2015). Dibbuks. ISBN 978-84-15850-80-9. O inferno do debuxante (2016). Deputación da Coruña. ISBN 978-84-9812-285-5. Verne imaxinado (2016). Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-8457-453-8. O picoto do pai (2017). Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-8457-474-3. Intraterra (2018). Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-8457-485-9. Aprende banda deseñada con Fiz (2019). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9121-493-9. Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis, de Chema Heras (2019). Pontevedra: Kalandraka. ISBN 978-8484644385. Orestes perde o sentido, de Rosa Aneiros (2019). Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9121-474-8. A silveira (2021). Retranca Ed. ISBN 978-84-122411-5-0. "Castelao XXI", en Meu Castelao! (2025). Concello de Pontevedra. ISBN 978-84-09-80825-0.

Outros En 2007 foi galardoado co Premio Xoán Manuel Pintos do Concello de Pontevedra polo "seu compromiso constante co galego, sendo un exemplo de normalidade no uso da nosa lingua desde o mundo da ilustración, do humor gráfico e da banda deseñada". Tamén pintou un mural para unha biblioteca pública en Pontevedra. En 2018 estaba traballando na realización da súa primeira novela gráfica, Baixo a sombra das pedras flotantes. Gañador do premio Castelao 2014 coa obra O inferno do debuxante, publicada en 2016.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Blog do autor Kiko da Silva en Culturagalega.org Páxina oficial do Garaxe Hermético

Categoría:Personalidades da banda deseñada de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1979 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Premio Xoán Manuel Pintos Categoría:Políticos do BNG