miniatura|300px|Parque de Arguineguín aberto en abril de 2006. Arguineguín é unha localidade da costa sur de Gran Canaria, en España. Pertence ao concello de Mogán e está situada ao suroeste das Palmas de Gran Canaria.
Etimoloxía O nome de Arguineguín data de 1492 aproximadamente, cando Cristovo Colón tiña o propósito de descubrir as indias, pero descubriu América. Cristovo Colón levaba nos seus barcos mariñeiros procedentes do norte de España.
O nome de Arguineguín vén do éuscaro Argin-Egin que significa "Dáme a luz".
Demografía Segundo o censo do INE en 2010, Arguineguín tiña unha poboación de 2.676 habitantes (1.424 homes e 1.252 mulleres).
Turismo Arguineguín é un lugar turístico, que posúe unha extensa praia e un importante porto pesqueiro, onde se concentra a maior confraría de pescadores da illa de Gran Canaria.
Ademais da praia, outro atractivo turístico é o Barranco de Arguineguín, onde atopamos toda clase de froitos tropicais. Cabe destacar tamén os seus numerosos xardíns e parques, así como outras obras arquitectónicas, a maioría inauguradas nos últimos anos debido ao aumento do turismo.
Na vila pódense realizar moitos deportes acuáticos como submarinismo ou surf.
Festividades Carnaval (xaneiro ou febreiro) Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros (16 de xullo)
Personaxes ilustres Juan Carlos Valerón (n. 1975): futbolista. David Silva (n. 1986): futbolista, campión da Copa do Mundo coa Selección de fútbol de España en 2010. Aythami Artiles (n. 1986): futbolista.
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web do concello de Mogán
Categoría:Mogán Categoría:Localidades de Gran Canaria