Eduard Fernández Serrano, nado en Barcelona o 25 de agosto de 1964, é un actor catalán.
Traxectoria Combina traballos en teatro, cinema e televisión. Destaca en teatro o seu papel con Els Joglars durante catro anos. En cinema foi moi encomiada a súa interpretación en Los lobos de Washington así como tamén en filmes como Alatriste, El método ou O misterio Galíndez.
Gañou o premio Goya como mellor actor por Fausto 5.0 e como mellor actor secundario por En la ciudad.
Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista co actor, publicada no diario Público o 18 de xullo de 2010. 3 días: Alan Nessim entrevista a Eduard Fernandez no youtube.
Categoría:Actores de Cataluña Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Barcelona