miniatura|A selección española ocupa actualmente o primeiro lugar da clasificación. miniatura|Partido de fútbol entre e . A clasificación mundial da FIFA (oficialmente Clasificación Mundial FIFA/Coca-Cola, tamén coñecido como ranking FIFA) é un sistema de clasificación das 208 seleccións de fútbol masculino pertencentes á FIFA, utilizado dende agosto de 1993. Esta clasificación baséase nos resultados dos partidos oficiais entre as distintas seleccións a través da entrega de puntos. O actual sistema considera os resultados do últimos oito anos, ponderando con maior valor os resultados máis recentes para reflectir de mellor forma a competitividade actual dos equipos e outras variables, como as características do rival, o lugar de realización do partido e o torneo en que foi disputado (por exemplo, asignándolle maior valor ás fases finais da Copa Mundial de Fútbol que a partidos amigables).

Aínda que esta clasificación é obxectiva ao utilizar fórmulas matemáticas, foi obxecto dun intenso debate, debido a que non reflicte realmente o poder de certos equipos e non considera a traxectoria e a historia das diferentes seleccións. Debido a isto, a FIFA decidiu utilizar un novo sistema, o cal rexe desde o 12 de xullo de 2006. Existen outras clasificacións baseadas en sistemas como, por exemplo, o sistema de puntuación Elo utilizado no xadrez. Dende o mes de xullo de 2010, o equipo que ocupa o primeiro posto da clasificación mundial é España.

Historia Equipos líderes daClasificación FIFA

En agosto de 1992 a FIFA en conxunto ao seu auspiciador, Coca-Cola, introduciron un sistema de clasificación para as seleccións nacionais adultas masculinas co fin dunha comparación básica das forzas relativas entre os equipos. A través deste sistema, a FIFA realizou diversos cálculos (por exemplo, para a asignación das cabezas de serie no sorteo da Copa Mundial de Fútbol de 2006). Ao longo dos anos implementáronse diversos trocos para poder precisar o sistema de clasificación, principalmente en 1999 e 2006.

Trocos de 1999 A clasificación orixinal entregaba a cada equipo, 1 punto por empate e 3 por vitoria, de igual forma ao que se utiliza tradicionalmente nos sistemas de ligas. Con todo, a FIFA recoñeceu posteriormente a existencia de diferentes factores que afectan os resultados dos partidos internacionais. Así, foi deseñado un novo sistema para poder recoñecer estes factores e ter unha mellor forma de comparar diversos equipos de diferentes confederacións. Os principais cambios foron: Os puntos foron escalados nun factor de 10. O método de cálculo dos puntajes foi modificado incluíndo os seguintes factores: Cantidade de goles a favor e en contra. Lugar do enfrontamento (local ou visita). Importancia do partido segundo competición. Forza rexional ou da confederación. Os puntos asignados por vitoria ou empate deixan de ser fixos. As derrotas poden entregar algúns puntos.

Xunto a isto creáronse dous títulos: Equipo do ano. Salto do ano.

Aínda que o sistema de clasificación volveuse máis complexo, os cambios axudaron a dar máis precisión.

Cambios de 2006 A pesar dos cambios de 1999, o sistema foi amplamente criticado por non entregar unha clasificación correcta e xusta dos equipos. Para isto, FIFA debeu introducir un novo sistema que debutou o 12 de xullo de 2006, días despois do fin da Copa Mundial de Fútbol de 2006.

Entre os cambios máis importantes figuran o cambio do período de avaliación de oito a catro anos e a simplificación do método de cálculo, eliminando as consideracións de goles e localía. Tamén foi modificada a importancia atribuída aos tipos de encontros.

Líderes Cando o sistema foi lanzado, Alemaña foi o primeiro líder debido ao seu longo éxito tras tres finais consecutivas da Copa Mundial incluíndo o título de 1990. Brasil e Italia alcanzaron o tope da clasificación durante algúns meses debido aos seus exitosos procesos clasificatorios para a Copa Mundial de Fútbol de 1994.

Alemaña recobraría o primeiro lugar durante un tempo ata que Brasil arrebatoullo ao alcanzar o título de 1994. Os suramericanos só serían excedidos pola selección de Francia, tras alcanzar a Copa Mundial de Fútbol de 1998 e a Eurocopa 2000. Brasil volvería ao sitial máximo tras gañar a Copa Mundial de Fútbol de 2002 e a Copa América 2004 e manteríao, a pesar de alcanzar soamente o 5º lugar en Alemaña 2006.

Durante os meses seguintes, o desempeño brasileiro permitiulles conservarse no primeiro posto. Con todo, tras resultados adversos durante xaneiro de 2007, foi desprazado por Italia na clasificación do mes seguinte. Desde ese momento, o liderado da clasificación entraría nunha etapa de constante inestabilidade: Italia mantivo un breve reinado por dous meses e en marzo de 2007, Arxentina obtivo por primeira vez o primeiro lugar. A vitoria brasileira na Copa América 2007 volvería a encumbrarlos na clasificación no mes de xuño. Italia, a Arxentina e o Brasil liderarían por curtos períodos de forma intermitente, ata que a Albiceleste alcanzou o dominio absoluto desde outubro de 2007.

En xullo de 2008 alcanzou o liderado a selección de fútbol de España tras lograr o título na Eurocopa 2008, e mantívoo un ano até que en xullo de 2009 perdeuno a mans do Brasil, que subiu ao primeiro posto tras gañar a Copa Confederacións 2009, na que España quedou en terceiro lugar. Brasil e España disputáronse o liderado nos meses seguintes camiño á Copa Mundial de Fútbol de 2010, na cal tras a vitoria española, confirmouse o liderado deste último equipo.

SelecciónPeríodo Agosto de 1993 Setembro e outubro de 1993 Novembro de 1993 Decembro de 1993 a marzo de 1994 Abril a maio de 1994 Xuño de 1994 Xullo de 1994 a abril de 2001 Maio de 2001 a maio de 2002 Xuño de 2002 a xaneiro de 2007 Febreiro de 2007 Marzo de 2007 Abril de 2007 a xullo de 2007 Xullo a setembro de 2007 Setembro a outubro de 2007 Outubro de 2007 a xullo de 2008 Xullo de 2008 a xullo de 2009]] Xullo de 2009 a novembro de 2009 Novembro de 2009 a abril de 2010 Abril de 2010 a xullo de 2010 Xullo de 2010 a xullo de 2011 agosto de 2011setembro de 2011 a xuño de 2014xullo de 2014 a xuño de 2015xullo de 2015 a outubro de 2015novembro de 2015 a marzo de 2016abril de 2016 a marzo de 2017abril de 2017 a xuño de 2017xullo de 2017agosto de 2017setembro de 2017 a xullo de 2018agosto a setembro de 2018 esetembro a outubro de 2018outubro de 2018 a febreiro de 2022dende marzo de 2022

Clasificación actual Resumo da clasificación masculina Fonte: Clasificación Mundial FIFA Coca Cola masculina Última actualización: 6 de outubro de 2022.Próxima actualización: 22 de decembro de 2022.

miniatura|300px|Brasil chega á cima da clasificación, tras 3 anos de dominación belga. Selección Confederación Puntos 1 Brasil Conmebol 1841.302 Bélxica UEFA 1816.713 Arxentina Conmebol 1773.884 Francia UEFA 1759.785 Inglaterra UEFA 1728.476 1 Italia UEFA 1726.147 1 España UEFA 1715.228 Países Baixos UEFA 1694.519 Portugal UEFA 1676.5610 Dinamarca UEFA 1666.5711 Alemaña UEFA 1650.2112 3 Croacia UEFA 1645.64 13 1 México Concacaf 1644.8914 1 Uruguai Conmebol 1638.7115 1 Suíza UEFA 1635.9216 2 Estados Unidos Concacaf 1627.4817 Colombia Conmebol 1611.0418 Senegal CAF 1584.3819 Gales UEFA 1569.8220 2 Irán AFC 1564.61

Resumo da clasificación feminina Fonte: Clasificación Mundial FIFA Coca Cola femenina Última actualización: 13 de outubro de 2022.Próxima actualización: 9 de decembro de 2022.

miniatura|300px|A selección dos Estados Unidos continúa afirmada na cima da clasificación. Selección Confederación Puntos 1 Estados Unidos CONCACAF 2086.482 1 Suecia UEFA 2066.303 1 Alemaña UEFA 2064.75 4 Inglaterra UEFA 2051.615 Francia UEFA 2023.096 2 España UEFA 1997.747 Canadá CONCACAF 1997.318 2 Países Baixos UEFA 1994.699 Brasil CONMEBOL 1989.9810 Corea do Norte AFC 194011 Xapón AFC 1918.1612 1 Noruega UEFA 1910.7813 1 Australia AFC 1903.1014 1 Italia UEFA 1865.0915 1 China AFC 1862.8716 2 Islandia UEFA 1850.9117 1 Corea do Sur AFC 1849.1618 1 Dinamarca UEFA 1847.1719 1 Austria UEFA 1793.6820 1 Bélxica UEFA 1791.37

Críticas Dende a súa introdución en 1993, a clasificación da FIFA foi intenso obxecto de debate, particularmente os procedementos para calcular o posto dunha selección e a disparidade entre a calidade aparente e a posición dalgunhas seleccións.The World Rankings riddle Por exemplo, alcanzou o segundo lugar en outubro de 1993 e en xullo de 1995, e os chegáronos ao cuarto posto da clasificación para sorpresa dos propios xogadores.FIFA adapting new world rankings

Unha mostra da disparidade entre a calidade efectiva das seleccións e a clasificación oficial foi durante a Copa Mundial de Fútbol de 2006. Equipos como e os (situados nos lugares 2º e 5º, respectivamente) non pasaron a segunda rolda, mentres equipos como (no lugar 19º) chegou até as semifinais.

Un dos argumentos da crítica é que o sistema de clasificación só ten en conta o desempeño dos equipos sobre un período de oito anos e que o desempeño dos equipos non ten correlación coa clasificación. Tamén se argumenta que en confederacións de menor calidade en xeral (como a AFC e a Concacaf), as súas seleccións ven sobrevaloradas, mentres que os equipos de confederacións máis competitivas (como a UEFA e a Conmebol) son desprazados a lugares menores.

Os fallos no ordenamento levaron á elaboración de sistemas alternativos de clasificación como o Sistema de puntuación Elo e o sistema RSSSF.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Clasificación actualizada en FIFA.com Métodos de cálculo da clasificación

Categoría:FIFA