Shango Patera é un patera (un cráter irregular), ou un cráter complexo con ladeiras escaleiradas, na lúa de Xúpiter, Ío. Ten aproximadamente 90 kms de diámetro e está situado a 32,35° N 100,52° O. O nome de Shango provén da mitoloxía yoruba, onde Shango era o deus do trono, este nome foi aprobado pola Unión Astronómica Internacional no 2000. Shango está situado ó norte de Skythia Mons. Cara ao suroeste está o centro eruptivo de Amirani, e o sueste están Gish Bar Patera, Gish Bar Mons, e Estan Patera.NASA World Wind 1.4. NASA Ames Research Center, 2007.
Shango foi un lugar de grandes cambios na súa superficie entre os anos 2001 a 2007. O chan de Shango Patera e os regueiros de material que corren cara ao suroeste de Shango escurecéronse considerablemente dende o final da misión da sonda Galileo e a chegada da misión New Horizons en febreiro do 2007.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Patera Ío
Categoría:Ío Categoría:Paterae