O termo Cadela pode referirse a:

Cadela, a femia do can; Cadela de frade, insecto dos dermápteros, con dous apéndices posteriores en forma de tenaces; Cadela de cen patas, miriápodo rastreiro de numerosas patas; Cadela, molusco bivalvo de pouca calidade (Scrobicularia plana). Aplícase tamén, impropiamente, a outras especies de molusco; Cadela das tetas longas, ser mitolóxico con forma de cadela branca e tetas que chegaban ó chan, cuxa presenza ou oubeo agoiraban a morte; Cadela, antiga moeda de cinco céntimos de peseta; Muller irascible, que berra moito; Febra solta de pelo; Especie de gorra que se usaba no Ribeiro; Distintos vermes como o que taladra a raíz do millo, a pataca, a verdura etc.; Un tipo de peixe, coñecido como lorcho bravo.

Como topónimo, pode referirse a:

En Galiza A Cadela, lugar da parroquia do Ermo, no concello de Ortigueira.

Véxase tamén Outros artigos

As Cadrelas, lugar da parroquia de Salvaterra, no concello de Salvaterra de Miño.