Vercelli (no piemontés, Vërsèj) é unha provincia da rexión do Piemonte, en Italia. A súa capital é a cidade de Vercelli.

Ten unha área de 2.088 km2, e unha poboación de 176.829 habitantes (2001). Hai 86 municipios na provincia.

Fai fronteira a norte coa provincia de Verbano Cusio Ossola e con Suíza (Cantón de Valais), a leste coa provincia de Novara e coa Lombardía (provincia de Pavia), a sur coa provincia de Alessandria e a oeste coa provincia de Turín, a provincia de Biella, e coa rexión do Val de Aosta.

Véxase tamén Ligazóns externas Provincia di Vercelli

Vercelli Vercelli