Edicións Barbantesa é un proxecto editorial galego, con sede en Cangas. Características Barbantesa naceu en maio de 2010 con dirección editorial en Sevilla e xestión administrativa e técnica en Cangas de Morrazo. A responsable de edición é Penélope Pedreira. No seu catálogo hai traducións e obras galegas. Edita principalmente poesía, literatura de muller, literaturas africanas e literaturas recuadas e periféricas. Dende 2013, é un selo propiedade de Rinoceronte Editora.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web de Edicións Barbantesa

Categoría:Editoriais de Galicia Categoría:Cangas de Morrazo