Fleur Jaeggy, nada en Zürich o 31 de xullo de 1940, é unha escritora suíza en lingua italiana.

Traxectoria A súa infancia e adolescencia transcorre nunha sucesión de internados femininos entre Suíza e Roma. En 1968 instálase en Milán e publica a súa primeira novela Il dito in bocca. Acadou o éxito con Os ditosos anos do castigo, que foi premio Bagutta en 1990. A súa novela Proleterka recibiu o premio Viareggio 2002.

Jaeggy combina a súa actividade literaria con traducións e estudos sobre John Keats, Marcel Schwob e Thomas De Quincey, a cuxos retratos consagra a súa obra Vite congetturali (2009). En música, colaborou con textos para Franco Battiato.

Esta casada co escritor e editor Roberto Calasso

Obra A súa obra ten influencia de Robert Walser, Ingeborg Bachmann e Thomas Bernhard, e da literatura mística e sapiencial de Occidente e Oriente, especialmente do mestre Eckhart, e Zhuang Zi.

Narrativa Il dito in bocca, 1968. L'angelo custode, 1971. Le statue d'acqua, 1980. Os ditosos anos do castigo, 1989 (I beati anni del castigo, traducida por Cristina González Piñeiro, Edicións Barbantesa, 2010). La paura del cielo, 1994. Proleterka, 2001. Vite Congetturali, 2009.

Teatro Un tram che si chiama Tallulah, 1975.

Categoría:Escritores de Suíza Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Nados en Zürich Categoría:Nados en 1940