O metaboloma é o conxunto completo dos metabolitos pequenos tales como os metabolitos intermedios, moléculas de sinalización (ex: hormonas) e metabolitos secundarios que poden ser encontrados nun sistema vivo.

Características A palabra xurdiu á semellanza dos termos transcritómica e proteómica; tal como o transcritoma e o proteoma, o metaboloma é dinámico, mudando de segundo a segundo. Aínda que o metaboloma pode ser definido, aínda non é posíbel analizar todo o conxunto de metabolitos celulares a través dun único método analítico (ver metabolómica). En xaneiro de 2007, científicos da Universidade de Alberta e da Universidade de Calgary terminaran o esbozo do metaboloma humano. Estes científicos catalogaran e caracterizaran 2.500 metabolitos, 1.200 drogas e 3.500 compoñentes alimenticios que poden ser encontrados no corpo humano.

Véxase tamén Outros artigos Metaboloma dos tumores Espectrometría de masa | gel 2D | Secuenciación de proteínas. Bases de datos: PIR | Swissprot | Pfam Bioinformática

Ligazóns externas Proteome.org Bioinformatics Journal The Human Metabolome Project The Human Metabolome Database The Human Metabolite Library The Human Serum Metabolome Project (HUSERMET) PDF of Reporting Standards for Metabolomic Studies Scientists complete human metabalome

Categoría:Ciencia