Villafufre é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España). Limita polo norte con Santa María de Cayón, polo sur con Villacarriedo, polo oeste con Santiurde de Toranzo e polo leste con Saro. O municipio atópase na comarca do Pas-Miera (comarca dos Valles Pasiegos) e polo seu territorio discorre o río Pisueña, principal afluente do río Pas.

Esténdese sobre unha superficie de 30,1 km² no límite norte da comarca pasiega, entre as cabeceiras dos vales de Toranzo e Carriedo, atravesados polos ríos Pas e Pisueña respectivamente.

Os núcleos de poboación do concello (ten 1115 habitantes) aséntanse ao sur da Serra Manzano, a cal coroa os cotos de Sopeña (532 metros) e Caballar (656 metros). No centro elévase o coto de San Martín (319 metros), que ten dúas vertentes, pola occidental descende o arroio de La Plata e pola oriental numerosos regos que dan ao río Pisueña (Bustillo, Socorral, Álamos).

Localidades

Argomeda Bustillo de Villafufre Escobedo La Canal Ojuriego Penilla Rasillo Sandoñana San Martín de Villafufre Trasvilla Susvilla Vega de Villafufre Villafufre (Capital)

Economía

Un 28,1 % da poboación de Villafufre emprégase no sector primario, un 18,8 % na construción, un 17,6 % na industria e un 35,6 % no sector servizos. Predomina por tanto o sector terciario.

Demografía

Administración

<td>

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003 Partido Votos % Concelleiros PP 475 55,10 % 6 PSOE 232 26,91 % 2 PRC 131 15,20 % 1 Alcalde electo: Marcelo Mateo Amezarri (PP).

<td> Eleccións municipais, 27 de maio de 2007 Partido Votos % Concelleiros PP 509 49,52 % 6 PRC 287 34,79 % 3 Alcalde electo: Marcelo Mateo Amezarri (PP).

Categoría:Concellos de Cantabria