As Punxeiras Baixas é un lugar da parroquia de Ortoño no concello coruñés de Ames na comarca de Santiago. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2009 tiña 36 habitantes (21 homes e 15 mulleres). Toponimia O topónimo As Punxeiras Baixas ten dous elementos: Punxeiras podería ser un fitónimo derivado do latín , de pulegiu, referido a un lugar onde abunda o poexo. Inicialmente A Punxeira referíase ás dúas partes da aldea, que despois pasaron a coñecerse como A Punxeira de Riba e A Punxeira de Baixo, e despois o plural As Punxeiras, referido ás dúas, acabou por aplicarse a cada unha. Baixas refírese á situación do lugar fronte ás Punxeiras Altas. Notas
Lugares e parroquias Lugares de Ortoño
Parroquias de Ames
Categoría:Lugares de Ames