Valdáliga é un concello da comunidade autónoma de Cantabria situado a 58 quilómetros de Santander. A súa extensión é de 97,76 km², sendo un dos maiores desta autonomía, aínda que a súa poboación só rolda os 2.500 habitantes.
Limita con poboacións importantes como Cabezón de la Sal, Comillas e San Vicente de la Barquera. Ao norte asómase ao Mar Cantábrico mediante unha ampla franxa do Parque natural de Oyambre, mentres que ao sur recóstase nas brumosas ladeiras da Serra do Escudo de Cabuérniga, onde nace o río Escudo.
Comparte cos concellos de Herrerías e Rionansa a cova de El Soplao.
Localidades miniatura|250px|Ermida de San Antonio en Caviedes. Caviedes Labarces Lamadrid Roiz (capital) San Vicente del Monte El Tejo Treceño
Economía A súa economía sempre foi agropecuaria, forestal e ultimamente turística. Un 21 % da poboación emprégase no sector primario, un 21,6 % na construción, un 12,6 % na industria e un 44,8 % no sector terciario. No municipio a taxa de actividade é do 49,4 % e a taxa de paro é do 10,2 %, mentres que a media en Cantabria está arredor do 52,5 % e do 14,2 % respectivamente. Predomina polo tanto o sector servizos.
Patrimonio Destaca unha Casa-Torre en Roiz, ben de interese cultural con categoría de monumento e, ademais, a Casona da Salceda en Treceño, Ben inventariado.
Demografía
Administración Eleccións municipais, 25 de maio de 2003 Partido Votos % Concelleiros PP 1086 59,57 % 7 PSOE 556 30,50 % 3 PRC 156 8,56 % 1
Alcalde electo: Calixto García Gómez (PP).Eleccións municipais, 27 de maio de 2007 Partido Votos % Concelleiros AVI 703 37,90 % 5 PP 539 29,06 % 3 PSOE 499 26,90 % 3
Alcalde electo: Lorenzo Manuel González Prado (AVI).
Véxase tamén
Valdaliga