Antonín Leopold Dvořák (checo: /antoɲiːn ˈlɛopolt ˈdvor̝aːk/), nado en Nelahozeves o 8 de setembro de 1841 e finado en Praga o 1 de maio de 1904, foi un compositor de posromántico natural de Bohemia -territorio entón pertencente ao Imperio Austríaco-, un dos primeiros compositores checos que acadou recoñecemento mundial e un dos grandes compositores da segunda metade do século XIX. Está considerado como un dos grandes compositores da segunda metade do século XIX. Empregou frecuentemente ritmos e outros aspectos da música folclórica de Moravia e a súa Bohemia natal, seguindo o exemplo do seu predecesor, o nacionalista da era romántica Bedřich Smetana. Tense descrito o estilo de Dvořák como "a recreación máis completa dun idioma nacional co da tradición sinfónica, absorbendo influencias populares e encontrando formas efectivas de empregalas». Sen perder unha ampla proxección internacional, soubo extraer as esencias da música da súa terra natal.
Dvořák amosou as súas dotes musicais a unha idade temperá, sendo un bo estudante de violín dende os seis anos. As primeiras representacións públicas das súas obras foron en Praga en 1872 e, con especial éxito, en 1873, cando tiña 31 anos. Buscando recoñecemento máis aló da área de Praga, presentou unha partitura da súa Primeira Sinfonía a un concurso en Alemaña, mais non gañou, e o manuscrito non devolto perdeuse ata que foi redescuberto moitas décadas despois. En 1874 presentouse ao Premio Estatal de Composición de Austria, incluíndo partituras de dúas sinfonías máis e outras obras. Aínda que non o sabía, Johannes Brahms foi o membro principal do xurado e ficou moi impresionado. Outorgáronlle o premio en 1874 e novamente en 1876 e 1877, cando Brahms e o destacado crítico Eduard Hanslick, tamén membro do xurado, se presentaron a el. Brahms recomendou a Dvořák ao seu editor, Fritz Simrock, quen pouco despois encargou o que se converteu en Danzas eslavas, Op. 46. Foron moi loadas polo crítico musical berlinés Louis Ehlert en 1878, a partitura (da versión orixinal para piano a catro mans) tivo excelentes vendas e lanzou a súa reputación internacional.
A primeira peza de carácter relixioso de Dvořák, o seu arranxoo de Stabat Mater, estreouse en Praga en 1880. Foi interpretado con grande éxito en Londres en 1883, o que deu lugar a moitas outras representacións no Reino Unido e os Estados Unidos. Ao longo da súa carreira, realizou canto menos nove visitas como invitado a Inglaterra, frecuentemente dirixindo representacións das súas propias obras. A súa Sétima Sinfonía escribiuna para Londres. Ao visitar Rusia en marzo de 1890, dirixiu concertos da súa propia música en Moscova e San Petersburgo. En 1891 nomeárono profesor no Conservatorio de Praga. Entre 1890 e 1891, escribiu o seu Trío Dumky, unha das súas pezas de música de cámara de maior éxito.
Encádrase dentro do chamado Romanticismo. Usou nas súas obras moitas melodías populares de Moravia e da súa Bohemia natal. Os seus traballos inclúen óperas, sinfonías, coros e música de cámara. Entre as súas obras máis coñecidas inclúense a Sinfonía nº 9, máis coñecida por "Sinfonía do novo mundo", as Danzas Eslavas, o Cuarteto de Cordas Americano e o Concerto para Violoncello en si menor.
Sen perder unha ampla proxección internacional, soubo extraer as esencias da música da súa terra natal. e considerado o principal representante do nacionalismo checo na música
Traxectoria Primeiros anos miniatura|upright|Casa natal de Antonín Dvořák en Nelahozeves.|esquerda miniatura|upright|Antonín Dvořák de neno.|esquerda Antonín Dvořák naceu en Nelahozeves, unha pequena poboación ao norte de Praga (daquela parte de Bohemia no Imperio austríaco, agora República Checa), o 8 de setembro de 1841. O seu pai, František Dvořák (1814-1894), posuía un pequeno establecemento hoteleiro e tamén traballou como intérprete profesional de cítola e como carniceiro. A súa nai, Anna, de solteira Zdeňková (1820-1882), era filla de Josef Zdenĕk, o bailío do príncipe Lobkowicz.; tamén achega unha árbore xenealóxica parcial de ascendentes e descendentes. Anna e František casaron o 17 de novembro de 1840. Antonín foi o maior dos seus catorce irmáns, oito dos cales sobreviviron á infancia. Foi bautizado como católico na igrexa de Santo André da súa vila. Os primeiros anos de Dvořák en Nelahozeves nutriron a súa forte fe cristiá e o amor da súa herdanza bohemia que influíron tan fortemente na súa música. En 1847 ingresou na escola primaria da súa vila, onde recibiu as primeiras ensinanzas musicais e aprendeu a tocar o violín da man do seu mestre Joseph Spitz. Amosou un talento precoz e grazas á súa habilidade tocou nunha banda da súa vila e na igrexa. František estaba moi satisfeito dos dons do seu fillo. Aos 13 anos de idade, e baixo a influencia do seu pai, enviárono a Zlonice a vivir co seu tío Antonín Zdenĕk, co fin de aprender alemán. A súa primeira composición, Polka Pomnenka, escribiuna probablemente en 1855.
Recibiu leccións de piano, órgano e violín do seu profesor de alemán Antonín Liehmann, quen tamén lle ensinou teoría da música e lle presentou os compositores da época. Dvořák tiña moito respecto polo seu mestre, a pesar de que este tiña un carácter bastante duro. Liehmann era o organista da igrexa de Zlonice e ás veces deixaba a Dvořák que tocara nos servizos relixiosos. Recibiu máis leccións de órgano e teoría musical en Česká Kamenice con Franz Hanke, quen alentou aínda máis o seu talento musical e foi máis comprensivo. Aos 16 anos e baixo a insistencia de Liehmann e Zdenĕk, František permitiu a seu fillo converterse en músico, coa condición de que fora organista. Despois de partir cara a Praga en setembro de 1857, ingresou na Escola de Órgano da cidade, onde estudou canto con Josef Zvonař, teoría con František Blažek e órgano con Joseph Foerster. Este último non só foi profesor no Conservatorio de Praga, senón tamén compositor de órgano. Tamén realizou un curso adicional de idiomas para mellorar o seu alemán e traballou como violista «extra» en numerosas bandas e orquestras, incluída a orquestra da Sociedade de Santa Icía. Graduouse na Escola de Órgano en 1859, ocupando o segundo lugar na súa clase. Solicitou, sen éxito, un posto como organista na igrexa de San Henrique (Sv. Jindřich), mais mantívose impertérrito na procura dunha carreira musical.
En 1858 uniuse á orquestra de Karel Komzák, coa que tocou en restaurantes e salas de baile de Praga.. O alto nivel profesional do conxunto chamou a atención de Jan Nepomuk Maýr, que contratou a toda a orquestra para a Orquestra do Teatro Provisional de Bohemia. Dvořák tocou a viola na orquestra a partir de 1862. Apenas podía pagar as entradas para os concertos, pero tocar na orquestra deulle a oportunidade de escoitar música, principalmente óperas. En xullo de 1863, actuou nun programa dedicado ao compositor alemán Richard Wagner, que dirixía a orquestra. Desde 1857 tiña unha "admiración ilimitada" polo compositor alemán. En 1862, comezara a compoñer o seu primeiro cuarteto de cordas. En 1864, aceptou compartir o alugueiro dun piso situado no barrio de Žižkov de Praga con outras cinco persoas, entre as que se atopaban tamén o violinista Mořic Anger e Karel Čech, que máis tarde converteuse en cantante. En 1866 Bedřich Smetana sucedeu a Mayr como director principal. Dvořák gañaba uns 7,50 dólares ao mes. A constante necesidade de complementar os seus ingresos impulsou a Dvořák a dar clases de piano. Foi a través destas clases de piano cando coñeceu á súa futura esposa. Orixinalmente, namorouse da súa alumna e compañeira de Teatro Provisional Josefína Čermáková, para quen ao parecer compuxo o ciclo de cancións Cypresses. Porén, o seu amor non lle foi correspondido e acabou casando con outro home. Compositor e organista Dvořák chamou o seu Quinteto de corda en la menor (1861) como op. 1 e o seu Primeiro cuarteto de corda (1862) como a súa op. 2, aínda que o catálogo cronolóxico de Jarmil Burghauser enuméraas como B.6 e B.7 e mostra cinco composicións anteriores sen números de opus. A principios da década de 1860, tamén fixo os seus primeiros intentos sinfónicos, algúns dos cales queimou autocriticamente. Consérvase o manuscrito dunha sinfonía en do menor sen número de opus, B.9, composta en 1865 Esta sinfonía pasou a ser numerada como a Primeira sinfonía de Dvořák. Os seus primeiros intentos de composición transcorreron sen acollida da crítica nin actuacións públicas. As súas composicións ata 1870, segundo o catálogo de Burghauser, ou non tiveron estreas coñecidas, ou foron estreadas en 1888 ou máis tarde. Por exemplo, o Terceiro cuarteto de corda, B.18, foi escrito arredor de 1869, pero publicouse postumamente en 1964 e estreouse en 1969. En 1870, compuxo a súa primeira ópera, Alfred, entre maio e outubro. A súa abertura, coñecida como Abertura tráxica, foi representada por primeira vez en público en 1905 e a ópera completa en 1938.
En 1871 deixou a orquestra do Teatro Provisional a fin de ter máis tempo para compoñer. Ata 1871 só deu números de opus a cinco das súas primeiras 26 composicións., B.1 a B.26, con op. 1 asignado tanto a un cuarteto de corda B.7 como á ópera Alfred, B.16. A primeira mención de Antonín Dvořák na prensa apareceu na revista Hudební listy en xuño de 1871 e a primeira composición interpretada publicamente foi a canción «Vzpomínání» («Reminiscencia», outubro de 1871, veladas musicais de L. Procházka).Do conxunto «Pisne na Slova Elisky Krásnohorské», B.23 en . O Teatro Provisional devolveu a ópera O rei e o carboeiro (Král a uhlir) e dixéronlle que non se podía interpretar. A súa abertura estreouse en 1872 nun concerto da Filharmónica dirixido por Bedřich Smetana, pero a ópera completa coa partitura orixinal interpretouse unha vez en 1929 e non se volveu a interpretar ata un concerto en setembro de 2019 no Festival Internacional de Música de Dvořák de Praga. Clapham di que Dvořák deuse conta de que chegara a «extremos ao tentar seguir o exemplo de Wagner». Entre 1873 e 1874 reaxustou «o libreto de O rei e o carboeiro completamente de novo, dunha maneira totalmente diferente», sen usar «nada da desafortunada versión anterior». A ópera alternativa, chamada O rei e o carboeiro II, B.42, estreouse en Praga en 1874.
En 1873, Dvořák casou coa irmá menor de Josefina, Anna Čermáková (1854-1931). Tiveron nove fillos: Otakar (1874-1877), Josefa (1875-1875), Růžena (1876-1877), Otýlie (1878-1905), Anna (1880-1923), Magdalena (1881-1952), Antonín (1883-1956), Otakar (1885-1961) e Aloisie (1888-1967). En 1898, a súa filla Otýlie casou co seu estudante, o compositor Josef Suk. O seu fillo Otakar escribiu un libro sobre el.
miniatura|upright|Josefína Čermáková (de pé) e Anna Čermáková (sentada), cuñada e esposa de Antonín Dvořák. Ao deixar a Orquestra Nacional do Teatro despois do seu matrimonio, Dvořák conseguiu o posto de organista na igrexa de St. Vojtěch de Praga, tamén chamada San Adalberto, baixo a dirección de Josef Foerster, o seu antigo profesor na Escola de Órgano, cargo que ocupou ata 1877. No posto cobraba «unha miseria», pero era «unha suma benvida para a nova parella». A pesar destas circunstancias, Dvořák aínda conseguiu compoñer unha gran cantidade de música nesta época.
En novembro de 1872, representouse en Praga o seu Quinteto para piano en la maior, op. 5, por un «espléndido equipo de intérpretes» organizado por Procházka. Foi a súa primeira peza tocada nun concerto. En marzo de 1873, o seu cantata patriótica checa Dědicové bilé hory (Os herdeiros da montaña branca) foi interpretada pola Sociedade Coral de Praga Hlahol de 300 cantantes (dirixida polo seu amigo e partidario Karel Bendl) cunha cálida resposta tanto do público como dos críticos, converténdoo nun «éxito rotundo». As composicións de Dvořák empezaron a ser recoñecidas en Praga.