Rafael González Iglesias, nado na Coruña o 28 de febreiro de 1900 e finado en Madrid o 21 de maio de 1951, foi un empresario, aparellador e avogado galego, presidente do Atlético de Madrid entre 1931 e 1935.

Traxectoria Trala dimisión de Luciano Urquijo, o 28 de novembro de 1931 celebráronse eleccións á presidencia do Atlético de Madrid, que nese momento xogaba en Segunda División e que afrontaba múltiples problemas. Foi elixido Rafael González Iglesias, que fixou como obxectivo o ascenso á Primeira División, o que se acadou en 1933/34. Tralo ascenso realizáronse tres fichaxes importantes, a dos internacionais Martín Marculeta, Lafuente e "Chacho". Outra xestión importante foron os acordos cos propietarios dos campos de fútbol Metropolitano e de Vallecas para rebaixar o prezo de alugueiro por xogar nos mesmos.

O 5 de xaneiro de 1935 presentou a dimisión, pero seguiu ligado ao mundo do fútbol, sendo vicepresidente da Federación Española, directivo da castelá e membro da Delegación Nacional de Deportes.

Véxase tamén Bibliografía Necrolóxica no ABC, 23 de maio de 1951 .

Categoría:Presidentes do Atlético de Madrid Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1951 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes