A Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo é unha corporación de dereito público, de carácter cultural, fundada polos bispados de Ourense e Mondoñedo-Ferrol, que ten como fins a investigación e difusión da figura de San Rosendo. Historia Foi constituída en Celanova o 22 de novembro de 2008, coincidindo coa clausura do Ano Xubilar de San Rosendo. Foi promovida polas dioceses de Mondoñedo-Ferrol e Ourense, sendo os seus padroádegos os correspondentes bispos Luís Quinteiro Fiúza e Manuel Sánchez Monge. Está presidida polo teólogo Segundo Leonardo Pérez López.

Entre os académicos hai teólogos, historiadores, escritores, artistas plásticos e investigadores."Contitúese a Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo", artigo en culturagalega.org, 24 de novembro de 2008..

A Academia edita a revista Rudesindus.

Ten a súa sede no pazo episcopal de Mondoñedo. Foi inaugurada o 28 de febreiro de 2009, coincidindo co cabodano do pasamento de Álvaro Cunqueiro.

Académicos Julián Barrio Barrio, arcebispo de Santiago de Compostela. José María Díaz Fernández, cóengo arquiveiro da catedral de Santiago de Compostela. Pilar de Torres Luna, xeógrafa. Universidade de Santiago. José Manuel García Iglesias, historiador da arte. USC. José Miguel Andrade Cernadas, historiador da arte. USC. Manuel Carriedo Tejedo, investigador medievalista. León. Juan M. Monterroso Montero, historiador da arte. USC. Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, historiador. Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos. Domingo L. González Lopo, historiador. USC. María Beatriz Vaquero Díaz, historiadora. Universidade de Vigo. Ramón Yzquierdo Perrín, historiador da arte. Universidade da Coruña. Ramón Pernas López, escritor e xornalista. Viveiro. Manuel Recuero Astray, historiador. Universidade da Coruña. Ramón Loureiro Calvo, escritor e xornalista. Ferrol. Manuel García de Buciños, escultor. Ourense. Cesáreo Iglesias Grande, párroco de San Rosendo de Celanova. Francisco Singul Lorenzo, historiador da arte. Santiago de Compostela. Antonio Piñeiro Feijoo, xornalista. Celanova. Segundo Leonardo Pérez López, teólogo cóengo da catedral de Mondoñedo. Miguel Ángel González García, cóengo arquiveiro da catedral de Ourense. Rubén Lois González, xeógrafo. Universidade de Santiago. Francisco Carvalho Correia, historiador. Santo Tirso (Portugal). José Luis López Sangil, historiador medievalista. A Coruña. Francisco J. Rodríguez Pérez, historiador. Universidade de Vigo.

Notas

Categoría:Asociacións culturais de Galicia Categoría:Mondoñedo Categoría:Academias de Galicia Categoría:Organizacións católicas de España