O Premio Cultura Galega á Promoción Cultural de Galicia é un galardón concedido como parte dos Premios da Cultura Galega pola Xunta de Galicia a persoas físicas ou xurídicas con "traxectoria vencellada á expansión cultural de Galicia, á promoción da nosa cultura fóra da comunidade autónoma e á súa difusión no exterior"Convocatoria dos premios, publicada no Diario Oficial de Galicia, 5/10/2010.. Os premiados son seleccionados por un xurado único formado por doce persoas. Desde o 2013 denomínase Premio Cultura Galega de Proxección Exterior.

Os premios convocáronse por primeira vez no ano 2010, aínda que naceron como continuación dos Premios Nacionais da Cultura Galega, creados en 2008 e que tiveron unha única ediciónA Xunta crea os Premios da Cultura Galega , A Nosa Terra, 5/10/2010.. A diferenza do anterior, concedido ao Laboratorio de Formas, este premio non ten dotación económica.

Premiados 300px|miniatura|Entrega dos Premios da Cultura Galega 2018. 2010 - Editorial Galaxia. 2011 - Carlos Núñez. 2012 - Asociación Internacional de Estudos Galegos.

Desde o 2013 levou o nome de Premio Cultura Galega de Proxección Exterior

2013 - Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires. 2014 - PEN Clube de Galicia.Premios da Cultura Galega 2014 2015 - Kathleen March. 2016 - Elena Zernova. 2017 - Cristina Pato. 2018 - Ramón Villares. 2019 - Proxecto Galego en Londres. 2020 - Centro de Estudos Galegos en Budapest Ildiko Szijj. 2021 - Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina (FSG) 2022 - Programa ConCiencia da Universidade de Santiago 2023 - Galego sen fronteiras 2024 - Celta de Vigo 2025 - Prgrama de radio Sempre en Galicia

Notas

Promocion Cultural