José González Caballero, coñecido como Caballero, nado en Alcalá de Guadaíra (Sevilla) o 15 de xaneiro de 1916 e finado o 8 de xaneiro de 1967, foi un futbolista español. Xogaba de dianteiro.

Traxectoria Na tempada 1933–34 debutou en Primeira División co Real Betis, onde permaneceu até 1940.

Na tempada 1941–42 formou parte do equipo do Deportivo da Coruña que debutou en Primeira División, da man do adestrador pontevedrés Celso Mariño, sendo un habitual da dianteira xunto a Ricardo García "Cuca", Antonio Villar Chao e Julio Antonio Elícegui. Permaneceu no club coruñés 4 temporadas, participando en 83 partidos e anotando 20 goles. Na campaña 1944–45 descendeu a Segunda División.

Na tempada 1945–46 fichou polo SD Ceuta, de Segunda División.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1916 Categoría:Nados en Alcalá de Guadaíra Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Finados en 1967