Jack o DestripadorAlgúns usos do nome en medios galegos:
(en ) é o máis coñecido dos pseudónimos que se lle deron a un asasino en serie non identificado que cometeu varios crimes en 1888 no distrito de Whitechapel de Londres. O nome "Jack o Destripador" orixinouse nunha carta diseminada polos medios de comunicación que fora escrita por alguén non identificado que afirmaba ser o asasino. Esta carta considerouse posteriormente unha fraude, probablemente escrita polos propios xornalistas como forma de atraer máis atención cara á historia e incrementar as vendas dos exemplares de xornais. O asasino foi chamado oficialmente "o Asasino de Whitechapel" ("The Whitechapel Murderer") e "Mandil de Coiro" ("Leather Apron") nos ficheiros policiais do caso e nos recontos xornalísticos da época.
Os ataques adscritos a Jack o Destripador involucraban tipicamente a mulleres prostitutas que vivían e traballaban nos suburbios do East End de Londres, ás que se lles cortou a gorxa antes de sufrir mutilacións abdominais. O feito de que o asasino extirpara os órganos internos de polo menos tres das vítimas levou a hipótese de que posuía coñecementos de anatomía ou cirurxía. Os rumores sobre a conexión entre os asasinatos intensificáronse en setembro e outubro de 1888, e Scotland Yard así como diversos medios de comunicación recibiron cartas dun escritor ou escritores que afirmaban ser o asasino. A carta From Hell ("Dende o Inferno") recibida por George Lusk do Whitechapel Vigilance Committee incluía unha metade dun ril humano preservado, presuntamente extraído dunha das vítimas. O público comezou a crer cada vez máis no asasino en serie único coñecido como "Jack o Destripador", principalmente polas características extraordinariamente brutais dos asasinatos e polo tratamento dos eventos por parte dos medios.
A extensa cobertura nos xornais que recibiron estes asasinatos axudaron a que se espallara a notoriedade do Destripador e a que se solidificase a súa lenda. Unha investigación policial de once asasinatos en Whitechapel no ano 1891 non puido conectar estes outros eventos de forma concluínte cos asasinatos de 1888. Cinco das vítimas, Mary Ann Nichols, Annie Chapman, Elizabeth Stride, Catherine Eddowes e Mary Jane Kelly, coñécense como as "cinco canónicas", e os seus asasinatos ocorridos entre o 31 de agosto e o 9 de novembro de 1888 adoitan considerarse os que tiveron unha maior probabilidade de estar conectados entre si. Estes asasinatos nunca chegaron a resolverse, e as lendas que os arrodearon convertéronse nunha combinación de investigación histórica xenuína, contos populares e pseudohistoria. Existen ao redor dun cento de teorías sobre a identidade real de Jack o Destripador, e os seus asasinatos serviron de inspiración para moitas obras de ficción.
Contexto histórico A mediados do século XIX Gran Bretaña experimentou un influxo de inmigrantes irlandeses que incrementaron de forma considerable a poboación das principais cidades, incluíndo o East End de Londres, e dende o ano 1882 refuxiados xudeus escapando dos pogroms do Tsarato ruso así como doutras áreas de Europa oriental emigraron a estas mesmas cidades. A parroquia de Whitechapel pasou a estar superpoboada, e as condicións de vida e laborais empeoraron, propiciando o desenvolvemento dunha clase social pobre moi significativa no lugar. Os roubos, a violencia e a dependencia ó alcohol fixéronse comúns, e a pobreza endémica levou a que moitas mulleres comezaran a exercer a prostitución. En outubro de 1888 a policía de Londres estimou que había nese momento 62 bordeis e 1200 mulleres traballando como prostitutas en Whitechapel.; ; Os problemas económicos da poboación sumáronse ao incremento gradual na tensión social. Entre os anos 1886 e 1889 as frecuentes manifestacións levaron a intervención policial e ao desacougo civil, como por exemplo no caso do Domingo Sanguento do 13 de novembro de 1887.; ; O antisemitismo, crime, racismo, disturbios e a severa pobreza que sufría a poboación alimentaron a percepción pública de que Whitechapel era naquel momento un cubil de inmoralidade. No ano 1888 esta percepción reforzouse cando unha serie de asasinatos grotescos atribuídos a "Jack o Destripador" recibiron unha cobertura dos medios sen precedentes ata esa época.
Asasinatos miniatura|dereita|350px|Lugares dos primeiros sete asasinatos de Whitechapel O gran número de agresións a mulleres no East End durante a época engade incerteza sobre o número real de vítimas asasinadas pola mesma persoa. Ata once asasinatos separados, dende o 3 de abril de 1888 ata o 13 de febreiro de 1891, foron incluídos nunha investigación da Metropolitan Police Service de Londres e denomináronse colectivamente no informe policial como os "Asasinatos de Whitechapel".; As opinións dos estudosos varían en canto se todos estes asasinatos estarían ligados ao mesmo asasino, pero cinco deles, coñecidos como os "cinco canónicos", son amplamente aceptados como obra de Jack o Destripador. A maioría dos expertos indican que os profundos cortes na gorxa, as mutilacións nas áreas abdominais e xenitais, a extracción de órganos internos e as mutilacións faciais progresivas son características distintivas do modus operandi do Destripador. Os primeiros dous casos no arquivo dos asasinatos de Whitechapel, correspondentes as vítimas Emma Elizabeth Smith e Martha Tabram, non se inclúen nos cinco canónicos.
Smith foi vítima dun roubo e violación na rúa Osborn o 3 de abril de 1888. O atacante inseriu un obxecto romo na súa vaxina, resgándolle o peritoneo. A lesión evolucionou nunha peritonite e faleceu ó día seguinte no Hospital de Londres.; Antes de morrer declarou que fora atacada por dous ou tres homes, e que un deles era un adolescente. A prensa ligou este ataque cos asasinatos posteriores,; pero a maioría dos autores atribúeno á violencia de bandas non relacionada co caso do Destripador.; ;
Tabram foi asasinada o 7 de agosto de 1888 tras sufrir 39 feridas de arma branca. A brutalidade deste asasinato sen motivo aparente e a proximidade en lugar e data cos asasinatos posteriores de Jack o Destripador levou a que a policía determinase inicialmente que estaban relacionados. Porén, este ataque é diferente ós asasinatos canónicos no feito de que Tabram foi apuñalada no lugar de que lle cortasen a gorxa e o abdome, e moitos estudosos posteriores non ligan este asasinato aos posteriores por mor desta diferenza no padrón das feridas.
Os cinco asasinatos canónicos Os cinco asasinatos "canónicos" atribuídos a Jack o Destripador son os de Mary Ann Nichols, Annie Chapman, Elizabeth Stride, Catherine Eddowes, e Mary Jane Kelly.
O corpo de Mary Ann Nichols descubriuse ó redor das o venres 31 de agosto de 1888 en Buck's Row (posteriormente chamada Durward Street), en Whitechapel. Tiña dous cortes na gorxa e a parte inferior do seu abdome estaba aberta nunha profunda ferida serrada. Tamén tiña outras varias incisións no abdome, causadas pola mesma arma.;
O cadáver de Annie Chapman foi atopado ó redor das o sábado 8 de setembro de 1888 preto dun portal do xardín traseiro do número 29 de Hanbury Street, en Spitalfields. Ao igual que no caso de Nichols, presentaba dous cortes na gorxa. Tiña o abdome aberto por completo, e na investigación forense descubriuse que o seu útero fora extirpado. Durante a investigación policial houbo unha testemuña que declarou que vira a Chapman ó redor das xunto a un home de cabelo escuro e unha aparencia "elegante mais desgastada".; ; ; miniatura|dereita|200px|Fotografía policial do cadáver de Catherine Eddowes miniatura|dereita|250px|Fotografía policial da escena do crime de Mary Jane Kelly Elizabeth Stride e Catherine Eddowes foron asasinadas a primeiras horas da mañá do domingo 31 de setembro de 1888. O corpo de Stride foi descuberto ó redor da en Dutfield's Yard, máis aló de Berner Street (posteriormente Henriques Street) en Whitechapel. A causa da morte foi un corte limpo que lle cortou a arteria principal do lado esquerdo do seu pescozo. A ausencia de mutilacións no seu abdome levou a incerteza sobre a atribución do seu asasinato a Jack o Destripador, ou da probabilidade de que algo ou alguén o interrompera durante o ataque.; Algunhas testemuñas declararon que viran a Stride xunto a un home horas antes, pero deron descricións diferentes en cada caso. Algúns deles declararon que ía cun home pálido, outros que era un home de pel escura. Tamén algunhas destas testemuñas dixeron que o home ía desaliñado, mentres que outros afirmaron que ía ben vestido.
O corpo de Eddowes foi atopado na praza Mitre Square da Cidade de Londres, tres cuartos de hora despois de atoparse o cadáver de Stride. Tiña a gorxa tallada e o abdome aberto cunha gran ferida profunda e serrada. Faltáballe o ril esquerdo e gran parte do útero. Un veciño da zona chamado Joseph Lawende pasou preto desta praza xunto a dous amigos seus pouco antes do asasinato, e afirmou que vira un home de cabelo claro e aparencia farrapenta xunto a unha muller que podía ser Eddowes, mais os seus compañeiros non foron capaces de confirmar esta descrición.; Os asasinatos de Eddowes e Stride serían chamados posteriormente o "dobre suceso".; Parte do mandil ensanguentado de Eddowes foi atopado na entrada dunha vivenda en Goulston Street, Whitechapel. Tamén se atopou un graffiti nese mesmo lugar que semellaba implicar un xudeu ou grupo de xudeus, pero non se chegou a clarificar se este texto o escribira o asasino cando deixou a peza de roupa ou se fora tan só unha coincidencia,; ; xa que este tipo de pintadas eran habituais en Whitechapel. O comisario de policía Charles Warren ordenou eliminar este graffiti antes do amencer por medo a que provocase disturbios antisemitas.
O corpo mutilado e destripado de Mary Jane Kelly apareceu na cama da súa habitación sinxela do número 13 de Miller's Court onde residía, preto de Dorset Street, as o venres 9 de novembro de 1888. Tiña a gorxa cortada ata o espiñazo, o seu abdome estaba baleiro case por completo de órganos e faltáballe o corazón.
Os cinco asasinatos canónicos perpetráronse pola noite, en ou preto dun fin de semana e ou ben a finais ou a comezos de mes. As mutilacións incrementaron en severidade segundo progresou a serie de asasinatos, agás no de Stride no que probablemente o atacante foi interrompido no acto.; A Nichols non lle faltaba ningún órgano, a Chapman faltáballe o útero, a Eddowes extirpáronlle o útero e un ril e tiña a cara mutilada, e finalmente Kelly foi eviscerada e desfigurada, aínda que só o seu corazón faltou na escena do crime.