Marcos Antonio Serrano Rodríguez, nado en Chapela (Redondela) o 8 de setembro de 1972, é un ciclista galego retirado.

Traxectoria Comezou a súa carreira profesional en 1993 no equipo Kelme, en 1999 pasou ao ONCE-Eroski e despois ao Liberty Seguros. Gañou a Volta a Galicia 1999 e a Volta a Castela e León 2001. Gañou a clásica Milán-Turín 2004. No Tour de Francia 2005 gañou a 18ª tirada.

No 2006 anunciou a súa fichaxe polo equipo de ciclismo galego Karpin Galicia, dirixido por Álvaro Pino, onde rescindiu o contrato logo de dúas tempadas en branco, en xaneiro de 2008. Retirouse o 8 de febreiro de 2008Marcos Serrano anuncia a súa retirada do ciclismo profesional, Vieiros, 08.02.08..

Palmarés Clásica dos Portos (1998) 1 etapa e clasificación xeral da Volta a Galicia (1999) Clasificación Xeral da Volta a Castela e León (2001) Milán-Turín (2004) 1 etapa do Tour de Francia (2005)

Equipos 1993 - 1998 : Kelme 1999 - 2003 : O.N.C.E. 2004 - 2006 : Liberty Seguros 2007 : Karpin Galicia

Vida persoal A finais de 2008 foi condenado a un ano de cárcere por un delito de homicidio por imprudencia: Serrano mandara construír un muro nunha leira sen licenza, e este derrubouse e causou unha vítima mortalUn año de cárcel para el ex ciclista Marcos Serrano por un accidente, La Voz de Galicia, 13/12/08.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Galegos no Tour de Francia Galegos no Giro de Italia

Categoría:Ciclistas de Galicia Categoría:Deportistas de Redondela Categoría:Nados en 1972 Categoría:Gañadores de etapa no Tour de Francia Categoría:Directores deportivos de ciclismo de Galicia