A Coruña é unha cidade e concello no noroeste de Galicia, bañada polo océano Atlántico, nas Rías Altas. É a capital da provincia da Coruña e a cabeza da súa comarca, que ademais do seu propio concello inclúe os de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Con 247.376 habitantes (INE 2023), é o segundo municipio máis poboado de Galicia e o máis densamente poboado, con 6472,38 hab/km².
A Coruña é sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, da Delegación do Goberno en Galicia, da Real Academia Galega, do Arquivo do Reino de Galicia e da Forza Loxística Operativa. Dende 1563 foi sede da Real Audiencia de Galicia (permanentemente dende 1612) e foi capital de Rexión Militar ata a súa desaparición en 2002.
A cidade érguese sobre un promontorio na entrada dunha ría nun amplo golfo, o Portus Magnus Artabrorum dos xeógrafos clásicos. O centro da zona urbana espállase sobre unha península unida a terra firme por un estreito istmo, no que presenta dúas fachadas marítimas distintas: a portuaria (cara á ría da Coruña), de augas tranquilas, e outra de mar aberto, cara á enseada do Orzán, onde se atopan as praias urbanas de Riazor e o Orzán.
Unha das características máis notables que identifican A Coruña constitúena as múltiples e variadas galerías ou miradoiros que presentan nas súas fachadas numerosas casas do século XIX. Estas déronlle á Coruña o sobrenome de Cidade de Cristal.Turismo da Coruña, nace así a Cidade de Cristal Destacan tamén as súas numerosas praias e o medio rural, que ofrecen múltiples posibilidades de lecer.
Xeografía miniatura|esquerda|Mapa coas cinco parroquias que compoñen o concello da Coruña e os límites aproximados entre elas. A cidade está situada no extremo noroccidental da Península Ibérica, sobre un saínte de terra da provincia da Coruña, entre a ría da Coruña, que baña o lado leste da cidade, e a enseada do Orzán, que baña as principais praias da cidade situadas no lado oeste desta. Limita ao norte co océano Atlántico, ao suroeste co concello de Arteixo, ao leste co concello de Oleiros e a ría da Coruña, e ao sur co concello de Culleredo.
O concello está formado por cinco parroquias: A Coruña, Elviña, Oza, San Cristovo das Viñas e Visma. Estas catro últimas formaban o antigo concello de Oza, que foi anexionado ao da Coruña en 1912. Esta zona foi a principal zona de expansión da cidade dende metade do século XX, polo que numerosos núcleos de poboación pertencentes ás parroquías anexionadas foron absorbidos pola localidade da Coruña para os efectos de nomenclátor. As parroquias do concello aglutinan oficialmente un total de 54 entidades de poboación segundo o Nomenclátor da Xunta de Galicia, 45 segundo o do IGE.
A Coruña esténdese a partir dunha península coa forma de T, de istmo chairo e suaves outeiros pouco escarpados. Algúns destes outeiros fóronse integrando na cidade coa súa expansión a partir de 1940, como os de Monte Alto, Santa Margarida, Eirís e A Zapateira. Outros foron convertidos en zonas verdes (Bens e O Monte de San Pedro). Gran parte da extensión portuaria e Os Cantóns son zonas gañadas ao mar. No territorio do concello existen algúns cursos fluviais, todos eles parcial ou totalmente canalizados e soterrados, dos que o río de Monelos é o máis sobranceiro.
As illas de San Pedro separadas do monte homónimo por unha estreita canle foron declaradas de xeito provisorio espazo natural de interese local no ano 2009.
Praias
miniatura|Praia de Riazor no verán. miniatura|Praia do Orzán, á noite. A Coruña ten varios quilómetros de praias, sendo as máis coñecidas a praia de Riazor e a praia do Orzán, pola súa situación en pleno centro da cidade e bordeadas polo paseo marítimo. Esta localización convérteas nun grande atractivo para os turistas, sendo ademais punto de encontro de surfeiros boa parte do ano.
Cinco das praias da Coruña obtiveron o distintivo de bandeira azul en 2019:La ciudad de A Coruña mantiene sus cinco playas con bandera azul Praia das Lapas Praia de San Amaro Praia do Orzán-Matadoiro Praia de Riazor Praia de Oza
Hai outras praias na cidade que non recibiron Bandeira Azul, como as de San Roque, praia de Durmideiras e Bens.
Distritos miniatura|esquerda|upright=1.4|Parroquias eclesiásticas do concello coruñés no ano 1999. A Coruña está dividida en dez distritos que se responden coas siguintes zonas:
Distrito 1: Cidade Vella, parte da Praza de España, San Andrés, parte da Praza de Pontevedra, Juana de Vega, Praza de Mina, San Agustín, A Mariña, Os Cantóns e Orzán.
Distrito 2: Panadeiras, parte da Praza de España, Monte Alto, A Torre, Orillamar, Paseo Marítimo ata María Pita, Matadeiro, Zalaeta, Pedro Barrié de la Maza e Durmideiras.
Distrito 3: Parte de Juana de Vega, parte da Praza de Pontevedra, Juan Flórez, parte baixa da Avda. Finisterra, parte da Ronda de Nelle, Fernández Latorre, Catro Camiños, A Palloza, parte da Avda. de Oza, Ramón y Cajal e parte da Avda. do Exército.
Distrito 4: Parte alta da Avda. de Finisterra, Estación de San Cristovo, Joaquín Planells, parte da Ronda de Nelle, Os Mallos, parte da Ronda de Outeiro, San Luis, Vioño, Avda de Arteixo e Sagrada Familia.
Distrito 5: Parte da Praza de Pontevedra, Alfredo Vicenti, Fernando Macías, Praza de Portugal, Paseo das Pontes, Manuel Murguía, Calvo Sotelo, Labañou, Cidade Escolar, A Seavella ou O Portiño, San Pedro de Visma, Estrada dos Fortes e Os Rosales.
Distrito 6: Parte da Ronda de Nelle, Rúa Barcelona, Agra do Orzán, parte da Ronda de Outeiro, Entrepeñas, Bellavista, As Conchiñas, A Gramela, Praza do Comercio e Avda. de Finisterra ata Avda. do Peruleiro.
Distrito 7: Parte da Avda. de Oza, Os Castros, O Castrillón, Segunda fase do polígono de Elviña, Monelos, Barrio das Flores, Matogrande, Zona Gaiteira, O Birloque, San Cristovo das Viñas, Someso e parte do Martinete.
Distrito 8: As Xuvias, A Ponte da Pasaxe, Santa Xema, Palavea, Eirís, Casabranca, Curramontes, A Lama de Oza, Avda de Montserrat, A Regueira e Pedralonga.
Distrito 9: Lugar de Elviña, A Zapateira, Mesoiro, Novo Mesoiro, parte de Martinete, Pocomaco, As Rañas, Igresario, Feáns e Polígono de Vío.
Distrito 10: A Grela, A Silva, O Ventorrillo, A Moura, Lugar de Cances, Fontenova, Lugar de Bens, Comeanda, A Penamoa, Nostián e San Xosé.
Clima miniatura|esquerda|Climograma da Coruña. A cidade ten un clima oceánico temperado (Clasificación climática de Köppen: Cfb), caracterizado por invernos máis húmidos e veráns relativamente máis secos, aínda que tamén se producen precipitacións significativas durante os meses máis cálidos. A condición costeira da cidade impide que exista unha gran diferenza térmica entre as catro estacións do ano e entre as temperaturas máximas e mínimas do día. De feito, entre as temperaturas medias do inverno e as do verán hai unha diferenza de menos de 9 °C. Os invernos son suaves e chuviosos con xeadas pouco frecuentes, e os veráns temperados, e hai precipitacións combinadas con tempadas de sol. Ten unha humidade anual media arredor de 77%.
As temperaturas non adoitan superar os 30 °C nin baixar dos 0 °C, sendo as temperaturas históricas rexistradas na cidade: 39,6 °C de máxima o 28 de agosto de 1961, e -10,0 °C de temperatura mínima. As choivas son abundantes, cunha pluviometría media anual de 1014 mm, sendo novembro o mes máis chuvioso cun rexistro medio de 138 mm.
Os días ventosos e de temporal son frecuentes nos meses de outono e inverno, rexistrándose fortes refachos de vento que poden superar os 100 Km/h, e sendo de 160 Km/h o refacho máis forte rexistrado na cidade e que se produciu o 16 de febreiro de 1941.
Demografía
A poboación da cidade era de 243 870 habitantes no 2015 repartidos en 45 entidades de poboación, contando o núcleo urbano con 213 934 habitantes e constituíndo desta forma o maior núcleo de poboación de Galicia segundo o IGE. A poboación da súa comarca acadou nese ano os 396 728 habitantes, abarcando oito concellos lindeiros: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.
O ritmo de crecemento de poboación observado dende comezos de século tende a descender no concello fundamentalmente por dous factores: Descentralización residencial: estase a producir un continuo desprazamento das áreas de residencia cara aos concellos da área metropolitana, onde viven máis de 100.000 habitantes, motivado pola falta de solo e de vivenda que causa unha grande actividade especulativa. Unha situación como esta non favorece o establecemento de novas familias ou a emancipación dos mozos. Tamén a orientación da demanda cara ás vivendas unifamiliares baleira amplas zonas da cidade, especialmente o centro histórico —chamado Cidade Vella—, onde a poboación residente non chega ós 20 000 habitantes. Crecemento vexetativo negativo: dende o ano 1991 na Coruña morren máis persoas das que nacen. O número de defuncións superaba en 1991 nun 20% ao de nacementos. O ano 2008 foi o primeiro no que se rompeu esta tendencia, cun saldo vexetativo lixeiramente positivo (2.238 nacementos por 2.232 defuncións).
Censo total (2015)243.870 habitantes Menores de 15 anos 31.181 (12.79 %) Entre 15 e 64 anos 155.464 (63.75 %) Maiores de 65 anos 57.225 (23.46 %) A pesar destes datos, a poboación semella volver a medrar. Isto é debido á inmigración, aínda que esta inmigración era nos anos oitenta e noventa do século XX de emigrantes retornados, profesionais e retirados, poboación madura polo tanto. A comezos do século XXI, a maior parte de inmigrantes é de xente nova de Suramérica sobre todo, sendo menor o valor dos procedentes dende Extremo Oriente, África Subsahariana e Europa oriental. Así, A Coruña conseguiu recuperar case toda a súa poboación, situándose no 2009 a só 897 habitantes (246 056) do seu récord de poboación (246 953 habitantes) acadado en 1991.
A poboación da Coruña ten unha idade media de 45,9 anos e ten un índice de envellecemento (razón entre os maiores de 64 anos e os menores de 20) de 149,8, o segundo maior das sete cidades galegas despois de Ferrol. Non obstante os dous datos están por debaixo da media de Galicia.
Inmigración Principais nacionalidadesestranxeiras (2015)PosiciónLugar de nacementoPoboación1ª26092ª20663ª16984ª16405ª15176ª14947ª13948ª12509ª115510ª82811ª80412ª78213ª71914ª70715ª547
A pesar de que case a metade da poboación da Coruña naceu no propio municipio (48,2% e 117 588 habitantes), hai unha porcentaxe importante de residentes nados noutras localidades da provincia (22,2 % e 54 081 habitantes) e doutras provincias galegas (10,8 % e 26 363 habitantes). Unicamente o 8.2 % da poboación da Coruña naceu noutra comunidade autónoma, o que supón 19 992 habitantes, mentres que o 10,6 % restante da poboación naceu no estranxeiro. Son precisamente os cidadáns estranxeiros os que nos últimos anos fixeron aumentar o padrón da capital coruñesa. O efecto da inmigración afecta igualmente á súa área metropolitana, que viu como o censo de estranxeiros aumentaba nos últimos anos.A Coruña aumenta o seu padrón grazas á poboación estranxeira Porén, dende 2012 o número de habitantes nado no estranxeiro permanece estable: 25 609 en 2012, 26 059 en 2013 e 25 767 en 2014.
En 2015 residían na cidade da Coruña un total de 25 846 estranxeiros, dos cales a meirande parte eran orixinarios de América (cun total de 15 828 habitantes, principalmente de Suramérica e en especial de Venezuela e a Arxentina) e por detrás outros cidadáns europeos (7092 habitantes, principalmente cidadáns doutros países da Unión Europea, salientando os 1155 cidadáns británicos). Moi por detrás están os cidadáns africanos (2044 habitantes, principalmente de nacionalidade senegalesa, con 804 habitantes), os asiáticos (840 habitantes, case todos chineses —489 —) e finalmente os cidadáns de Oceanía e os apátridas, que apenas xuntan entre os dous 42 habitantes.
Morfoloxía urbana miniatura|Imaxe da cidade.