Acontecementos África Ahmed Bey declárase independente dos otománs, fundando a dinastía karamanlí en Trípoli. Mozambique - Os portugueses constrúen un forte en Zombo, no límite de navegabilidade do río Zambeze.

Europa 3 de marzo : Tratado de Rastatt entre Francia e o Imperio austríaco, asinando a da Guerra de Sucesión española, confirmando os acordos de Ryswick. O emperador recibe os Países Baixos, o Milanesado, Nápoles-Sicilia e a illa de Sardeña, a custo de España. Filipe V é recoñecido como rei de España, sempre que renuncie á coroa de Francia. Luxemburgo pasa tamén a Austria. 26 de xuño : Tratado de Utrecht entre España e as Provincias Unidas. 1 de agosto : Comezo do reinado de Xurxo I de Inglaterra (até 1727). Hannover e a Gran Bretaña teñen o mesmo monarca. 11 de setembro : Barcelona cae baixo os exércitos coaligados de Francia e España durante o asedio da cidade, que dirixe o duque de Berwick, logo da retirado dos austríacos como consecuencia do tratado de Rastatt. miniatura|esquerda|250px|Asalto a Barcelona o 11-IX-1714, artista descoñecido

Nacementos 2 de marzo - Pedro González de Ulloa, crego e ilustrado galego (m. 1790). 6 de xuño - Xosé I de Portugal (m. 1777). Carl Philipp Emmanuel Bach, músico barroco.

Mortes 1 de agosto - Ana, raíña de Inglaterra, Escocia e Irlanda (n. 1665). 5 de outubro - Kaibara Ekken, filósofo xaponés (n. 1630) Juan de Cabriada, médico valenciano (n. 1665).

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1714