Enrique Marco Nadal, nado en Valencia o 3 de maio de 1913 e finado en Torrent o 13 de novembro de 1994, foi un sindicalista do País Valenciano, membro da CNT.

Traxectoria Obreiro ferroviario e militante libertario desde a súa mocidade. Despois de saír de España exiliado combateu nas filas aliadas na segunda guerra mundial. Tras o seu regreso clandestino á península, loitou contra a ditadura de Franco e foi Secretario Xeral da CNT na clandestinidade desde maio de 1946 até abril de 1947.

Obra Marco Nadal, Enrique: Todos, contra Franco: la Alianza Nacional de Fuerzas Democráticas, 1944-1947, Madrid: Queimada, 1982, ISBN 84-85735-17-X

Categoría:Secretarios Xerais da CNT Categoría:Nados en Valencia Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1994 Categoría:Personalidades sen imaxes