miniatura|Prepucio retraído. miniatura|250px|Anatomía masculina. O prepucio do pene é a pel que recobre a glande do pene.

Anatomía do prepucio do pene O prepucio é unha dobra cilíndrica de pel, que pola cara externa presenta epitelio queratinizado e pola cara interna que está en contacto coa glande é unha mucosa de epitelio menos queratinizado. O prepucio e a glande están unidos entre si por unha dobra medio anterior chamada freo do pene e en toda a súa circunferencia posterior polo suco balanoprepucial. A circunferencia anterior do prepucio corresponde co bordo libre do prepucio e denomínase orificio ou anel prepucial.

Entre a glande e o prepucio existe unha cavidade virtual, a chamada cavidade do prepucio. En casos de falta de hixiene, nesta zona pode formarse unha substancia chamada esmegma.

A lonxitude do prepucio varía moito segundo os individuos. Unhas veces prolóngase até o vértice da glande e supera por diante do pene unha especie de vestíbulo. Isto é o que ocorre na maioría dos nenos até a puberdade. No adulto pode persistir esta disposición, ou retraerse parcial ou totalmente.

Funcións do prepucio do pene O prepucio ten catro funcións: Protectora Sensorial Mecánica Almacena o olor da glande

Véxase tamén Outros artigos Fimose Circuncisión

Ligazóns externas

Categoría:Anatomía rexional Categoría:Aparato reprodutor masculino Categoría:Pene