Gloria Cámara Rubio, nada en Vigo o 2 de abril de 1945Ficha na IMDb, é unha actriz galega.
Traxectoria Estudou peritaxe mercantil, mais a súa actividade artística iniciouse diante das cámaras de Televisión Española, da man de Fernando García de la Vega no programa musical Escala en hi-fi, desde 1961. A popularidade alcanzada permitiulle intervir noutros espazos da cadea pública como Teledomingo (1963), La tortuga perezosa (1963) ou Escuela de maridos (1964), con Elvira Quintillá.
Dende mediados dos setenta, centrou a súa carreira na dobraxe. Pon voz aos personaxes femininos nas series de debuxos animados D'Artacán y los tres mosqueperros (1982) e La vuelta al mundo de Willy Fog (1984) nas versións en lingua castelá, así como as voces das actrices Cybill Shepherd e Jacqueline Bisset.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Academia de voz Gloria Cámara
Categoría:Actores de dobraxe de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1945 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes