En literatura, denomínase estrofa a un grupo de versos unidos por unha serie de criterios fixos de métrica. Reciben distintos nomes segundo a extensión (número de versos), lonxitude dos mesmos (arte maior ou arte menor), rima (en función do formato e de se é asoante ou consoante) e ritmo.
Tipos As estrofas sen métrica e sen rima son de verso libre, e as estrofas con métrica mais sen rima, son de verso branco.
As estrofas adoitan clasificarse en función do número de versos:
Dous versos O pareado (con rima medida). O dístico (sen rima).
Tres versos O terceto, con versos de arte maior (xeralmente hendecasílabos), con rima consonante ABA. A terceta, o mesmo para os versos de arte menor.
Catro versos O cuarteto (arte maior e rima consonante ABBA) A redondilla (octosílabos de rima consonante abba) O serventesio (arte maior e rima consonante ABAB) A cuarteta (octosílabos de rima consonante abab) A copla (arte menor, rima asonante –a–a) A caderna vía (versos alexandrinos de rima consonante AAAA).
Cinco versos A quintilla (arte menor e rima consonante) O quinteto (arte maior de rima consonante) A lira (versos heptasílabos e hendecasílabos con rima consonante aBabB).
Seis versos O sexteto (arte maior e rima consonante) A sextilla (arte menor e rima consonante) A copla de pé quebrado (octosílabos e tetrasílabos de rima consonante 8a8b4c8a8b4c).
Oito versos A oitava real (versos hendecasílabos con rima alterna os seis primeiros e un pareado nos dous últimos).
Dez versos A décima é unha estrofa de dez versos octosílabos consonantes, que riman ABBAADDEED.
Sen un límite fixo O romance ( versos octosílabos, con rima asonante nos pares).
Véxase tamén Refrán (música)
Categoría:Poesía